A cámara escura de Jose Luis Baños de Cos

A cámara escura

Falar coas mozas e mozos de temas ‘tabú’ e próximos ás súas realidades. Iso é o que acada José Luis Baños de Cos coa súa peza ‘A cámara escura’, gañadora do III Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais. A través de diálogos áxiles, vertixinosos como os que se envían por WhatsApp, escritos nunha linguaxe actual, que non fai que o galego mingúe na súa calidade, pola contra, achégao a potenciais falantes, a neofalantes dos que estamos tan necesitados nestas franxas de idade. Crush, best friend forever, influencer, superlike… son termos que se mesturan con naturalidade co léxico propiamente galego, unha lingua actual, que medra e evoluciona.

Galaxia presenta 'A cámara escura'

Galaxia publica ‘A cámara escura’ de José Luis Baños de Cos

O Premio Roberto Vidal Bolaño, convocado polo Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a propia editorial Galaxia, consta de 2.000€ e a edición da obra, unha modesta cantidade que seguro irá medrando co avance da calidade do seu repertorio, do que tamén forman parte as obras de Ana Abad de Larriva con A sombra das árbores e Fernando Castro Paredes con A derradeira bala, e os efectos que este pode acadar polo feito exclusivo e innovador de estar en sintonía co público en idade adolescente.

Premio Abrente

Convocado o XVI Premio Abrente de Textos Teatrais

Un dos galardóns máis prestixiosos da escrita dramática en Galicia chega á súa 16º edición. O Premio Abrente da MIT de Ribadavia continúa a ser unha plataforma estable e dinámica para a dramaturxia galega. Nese sentido, o galardón seguirá despregando a súa influencia en colaboracións con colectivos e asociacións de referencia no seu obxectivo de fomento da dramaturxia en galego.