in ,

Os grupos Palimoco e Vórtice Escénico gañan o primeiro premio do Xuventude Crea 2022

Ámbolos grupos acadaron o favor do xurado cun galardón “ex aequo”

313416203 543924421069107 5115892163292050336 n |
Imaxe de Palimoco Teatro

O certame Xuventude Crea vén de desvelar as pezas gañadoras da súa edición de 2022. Á modalidade de teatro chegaron seis propostas finalistas, das cales cinco pertencen a agrupacións de persoas saídas recentemente da ESAD de Galicia, a maioría das cales as presentaron como Traballos de Fin de Grao, referendando a escola como viveiro de artistas e fonte de futuras e futuros profesionais para o teatro galego.

A única non pertencente a esta comunidade foi a proposta da Asociación Palimoco Teatro, quen presentou a peza E se todo se reducise ao amor. Este traballo resultou ser o gañador do certame, xunto con Asfixia, da compañía Vórtice Escénico, que parte do texto de José Luis Baños de Cos, premio Abrente de Textos Teatrais en 2019. Do mesmo xeito, en modo “ex aequo”, o segundo premio do certame foi compartido entre as propostas Brazaletes, de VaLume, e Só se aplaude ao final, do grupo DWD.


Publicidade

As outras dúas propostas que chegaran á fase final, desenvolvida no Salón Teatro do Centro Dramático Galego os días 29, 30 e 31 de outubro, en Santiago de Compostela, foran Agullas: a princesa mocosa, de Patochada teatro, e Cartas a ningures, de Ara García.

Os premios Xuventude Crea, organizados pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, teñen a intención de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, fomentando esta actividade, así como a promoción e difusión da súa obra, algo que xa lles aconteceu a compañías como A Panadaría ou Mevadeus, gañadora do certame  esta última na súa convocatoria de 2021, ou a Pálido Domingo ou Señora Supina no 2017.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Alleo Nicolas Yazigi |

Colectivo Glovo multipremiado no Festival DZM por ‘Alleo’

Imaxe Artigo Pablo 27 |

Sobre pertencer adecuadamente