in , ,

José Luis Baños de Cos gaña por segunda vez o Premio Vidal Bolaño con ‘Lume’

A obra aborda temas como a homofobia ou a violencia de xénero

José Luis Baños de Cos
José Luis Baños de Cos. Imaxe de Rosiña Rojo | MIT de Ribadavia.

A obra gañadora do V Premio Vidal Bolaño de Teatro 2022 é Lume, de José Luis Baños de Cos. Así o anunciou a editorial Galaxia tras o fallo unánime do xurado composto polo dramaturgo Ernesto Is, a actriz Cecilia Vázquez, Delio García Represas, profesor do IES Ribeira do Louro, e Raquel Castro, como secretaria.

O Xurado destaca da peza que sexa unha obra que aborda o tema das diversas violencias sociais, como a homofobia ou a violencia de xénero, das que todos os personaxes sofren as consecuencias. A escrita, “cunha dramaturxia que mestura relato e drama, dálle relevancia ás partes grupais, onde a xeito de coro clásico agroma a conciencia social”, afirman no fallo, no que destacan que se trata dunha “obra moi acaída pola temática e pola linguaxe empregada para a súa representación ou lectura nos centros de ensino secundario”.

é un certame que nace da necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato e coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por estudantes do ensino secundario. O premio consta de 2.000 euros e a edición da obra pola editorial Galaxia.


Publicidade

Autores como Ana Abad de Larriva, Fernando Castro Paredes e Edgar Costa recibiron o premio en edicións anteriores. Un certame que está coordinado pola dramaturga e profesora Raquel Castro que defende a necesidade de integrar o teatro nas aulas.

Dúas veces gañador e moitos éxitos

José Luis Baños de Cos é antropólogo e estudoso de técnicas de teatro social e teatro do oprimido. Este xerezano nado en 1977 e afincado en Galicia vén demostrando estes últimos anos ser unha voz puxante do teatro galego ao gañar por segunda vez o Premio Vidal Bolaño de Teatro —o primero foi coa obra A cámara escura no 2020— o Premio Abrente da MIT de Ribadavia en 2019 coa peza Asfixia (Difusora de Letras, Artes e Ideas), o I Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle coa obra O círculo, o Varela Buxán en 2021 con Segunda morte ou a escrita de textos para compañías teatrais como Teatro ó Cubo, Titereficcións ou Fanfarra Teatro.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Papagena de ButacaZero e Iago Hermo

ButacaZero estrea a ópera ‘Papagena’ nas ruínas de Santo Domingo en Pontevedra

Eduardo R. Cunha Tatán

Eduardo Rodríguez “Tatán” recibe o Premio Dorotea Bárcena do FETEGA pola súa ampla traxectoria