O teatro de Xohana Torres estableceu paralelismos co da súa época. A súa estética decantouse cara a un culturalismo arrimado a unha fonda compoñente política. E nesa fusión entre a linguaxe elevada e o contido crítico reside grande parte da súa forza. Engaiolarte reedita dúas pezas da autora ferrolá: A outra banda do Íberr e Un hotel de primeira sobre o río.
Etiqueta: Editorial Galaxia
A cámara escura
Falar coas mozas e mozos de temas ‘tabú’ e próximos ás súas realidades. Iso é o que acada José Luis Baños de Cos coa súa peza ‘A cámara escura’, gañadora do III Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais. A través de diálogos áxiles, vertixinosos como os que se envían por WhatsApp, escritos nunha linguaxe actual, que non fai que o galego mingúe na súa calidade, pola contra, achégao a potenciais falantes, a neofalantes dos que estamos tan necesitados nestas franxas de idade. Crush, best friend forever, influencer, superlike… son termos que se mesturan con naturalidade co léxico propiamente galego, unha lingua actual, que medra e evoluciona.
Galaxia publica ‘A cámara escura’ de José Luis Baños de Cos
O Premio Roberto Vidal Bolaño, convocado polo Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a propia editorial Galaxia, consta de 2.000€ e a edición da obra, unha modesta cantidade que seguro irá medrando co avance da calidade do seu repertorio, do que tamén forman parte as obras de Ana Abad de Larriva con A sombra das árbores e Fernando Castro Paredes con A derradeira bala, e os efectos que este pode acadar polo feito exclusivo e innovador de estar en sintonía co público en idade adolescente.
Aberto o prazo do IV Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais para adolescentes
Un certame que nace da necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato e coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por estudantes do ensino secundario.
A sombra das árbores
Onde abrolla o extraordinario Segundo a prestixiosa dramaturga Suzanne Lebeau –L’Ogrelet, Une lune entre deux maisons, Souliers de sable– na escrita teatral para a infancia e a xuventude trabállase, dun xeito máis ou menos consciente, arredor de tres conceptos: a autoridade do autor adulto, a cal é necesario reducir ao máximo a través de […]
O Festival Atlántica encherá Galicia de contos do 11 ao 20 de marzo
Vinte e cinco contadores de Brasil, Colombia, Venezuela, Portugal, Palestina, Huesca, Salamanca, Zamora e Galicia protagonizarán as 54 actuacións deste ano. O Festival Atlántica vén de anunciar a programación da súa oitava edición, que se vai celebrar entre os días 11 e 20 de marzo. A presentación tivo lugar este martes, 18 de febreiro, […]
Galaxia publica a ‘Obra dramática’ de Andrea Dunbar
A Editorial Galaxia vén de anunciar a publicación dun volume que contén a Obra dramática de Andrea Dunbar. As tres pezas contidas neste volume presentan a experiencia vital, e real, dun conxunto de mulleres que habitan mundos moi marcados pola violencia, a exclusión e todo tipo de precariedades e carencias. Recreando a vida cotiá […]
Convócase o III Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño
[Actualización 24-04-2020] Debido á situación creada polas medidas de prevención do Covid-19, o prazo de presentación de orixinais do Premio Roberto Vidal Bolaño 2020 prolóngase ata que se restableza a situación.] [Actualización 17-03-2020] Debido á situación creada polas medidas de prevención do Covid-19, o prazo de presentación de orixinais do Premio Roberto Vidal Bolaño 2020, […]
Presentación en Vigo de ‘A sombra das árbores’, de Ana Abad de Larriva
O vindeiro xoves 23 de xaneiro, ás 20:00, na libraría Librouro de Vigo, presentarase o libro A sombra das árbores, de Ana Abad de Larriva, obra gañadora do II Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño e publicada pola Editorial Galaxia na súa colección Costa Oeste. A escritora Inma López Silva e o dramaturgo Ernesto […]
Presentación de ‘A sombra das árbores’, de Ana Abad de Larriva
O vindeiro mércores 13 de novembro, ás 19:00, no Centro Cultural do Concello de Porriño, presentarase o libro A sombra das árbores, de Ana Abad de Larriva, a obra gañadora do II Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, convocado polo Concello do Porriño, a Editorial Galaxia e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES […]
Bernardino Graña publica ‘Lobísimo do saco. Tres titiritadas’
A editorial Galaxia vén de publicar un volume que reúne tres obras teatrais para nenos de Bernardino Graña. Lobísimo do saco. Tres titiritadas, que foi presentado o pasado venres en Vigo coincidindo co 87º aniversario do escritor, contén dúas pezas recuperadas de revistas, Sinfarainín contra don Perfeuto e Os burros que comen ouro (nunca cabalos […]
Ana Abad de Larriva gaña o II Premio Roberto Vidal Bolaño
Esta mesma tarde, un xurado composto polo dramaturgo Carlos Labraña, a actriz Mónica Camaño e o profesor Delio García Represas, e coa tamén dramaturga Raquel Castro como secretaria con voz, pero sen voto, decidiu declarar gañadora do II Premio Roberto Vidal Bolaño a obra A sombra das árbores de Ana Abad de Larriva, que se […]
Galaxia publica ‘O home traveseiro’ de Martin McDonagh
A Editorial Galaxia, vén de publicar O home traveseiro, de Martin McDonagh, en tradución de Manuel Vieites, un volume que fai o número 13 da súa Biblioteca ESAD, onde xa se publicaron obras doutros autores contemporáneos que marcan a dramaturxia contemporánea: Thomas Bernhard, Heiner Müller, Sarah Kane, Caryl Churchill… McDonagh é un dos autores dramáticos máis […]
Finalistas dos Premios Gala do Libro Galego na categoría ‘Teatro’
Hoxe fixéronse públicos os finalistas dos Premios Gala do Libro Galego, organizados pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galiza. A entrega de premios será o vindeiro 11 de maio en Compostela. Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito […]
Convocado o II Premio Roberto Vidal Bolaño
O Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia convocan o II Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño. Homenaxeando o nome do xenial dramaturgo compostelán, este premio ten como finalidade animar á escrita de pezas teatrais dirixidas ao público mozo e crear un fondo de textos susceptibles de ser representados por […]
Manuel F. Vieites e Catuxa López Pato, finalistas dos Premios ADE
O vindeiro 4 de febreiro, no Teatro de la Comedia de Madrid, terá lugar a entrega dos Premios ADE 2018, convocados pora Asociación de Directores de Escena de España. Estes premios outórganse anualmente mediante votación dos asociados da ADE. Entre os finalistas dos premios ADE figuran Manuel F. Vieites, como candidato ao Premio «Leandro Fernández […]
Entrega do premio do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño
Este sábado 30, ás 19:00h, terá lugar no Bar Liceum do Porriño o acto de entrega do premio do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, do que resultou gañador, a principios de xuño, Fernando Castro Paredes coa súa obra A derradeira bala. Ademais do gañador, intervirán no acto Francisco Castro, director xeral de […]
Fernando Castro Paredes gaña o I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño
Un xurado composto polos dramaturgos Sther F. Carrodeguas, Roi Vidal, Paula Carballeira e Manuel Núñez Singala, polo profesor Delio García Represas, e coa tamén dramaturga Raquel Castro como secretaria con voz, pero sen voto, decidiu declarar gañadora do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño a obra A derradeira bala de Fernando Castro Paredes, […]
Teatro na Gala do Libro Galego 2018
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego, a celebrar o sábado 19 de maio de 2018 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, onde se darán a coñecer as obras gañadoras. […]
Nace o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño
A Editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro a través do seu Equipo de Dinamización Lingüística, convocan o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño. Homenaxeando o nome do xenial dramaturgo compostelán a quen se lle adicou Día das Letras Galegas do pasado 2013, este novo premio ten como finalidade animar á escrita […]
Tres montaxes teatrais para María Victoria Moreno
A Editorial Galaxia anuncia que comezará o ano María Victoria Moreno por todo o alto, lanzando tres producións teatrais para todos os públicos. O clásico infantil Leonardo e os fontaneiros, será adaptado por Ubú Teatro, compañía que xa percorrera o pasado ano boa parte das localidade galegas coa súa versión de A galiña azul de […]