Libros: novidades

  Dramaturxia Galega Actual, A Feira Edicións. Un volume que recolle catro obras: Dramaturxia das Mulheres (Inherente Teatro), Tras Tannhäuser (Ernesto Is), Loló e Mamá (Esther F. Carrodeguas) e A enterradora (Miguel Sande), esta última gañadora do I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual, convocado pola compañía Feira do Leste, que é tamén a responsable […]

O CDG programa outras catro funcións de ‘Divinas Palabras Revolution’ no Salón Teatro

O CDG remata esta fin de semana a primeira estadía do espectáculo Divinas Palabras Revolution no Salón Teatro, onde regresará en xullo para ofrecer catro últimas funcións. Antes, esta adaptación que dirixe Xron a partir da obra de Valle-Inclán desenvolverá unha xira de dous meses durante a que visitará outros oito escenarios galegos mais o Teatro Español […]

Goldi libre

Primeira persoa do plural | Manuel Xestoso |     Se nos dá por facerlle caso a Aristóteles, o ser humano extrae do teatro un gozo que procede do seu “natural gusto por aprender”. Sería unha boa noticia, porque tal e como están as cousas o que nos relata Goldi libre podería parecer unha ficción […]

Salvador

A mentira sempre volve | Roi Vidal Ponte |     Da emigración como gran tema da galeguidade hai moito escrito e moito por escribir. Sería para a cultura galega o que a Guerra Civil é para a española: ese cliché sociocultural que sempre volve, tanto na imaxinería colectiva como nas tendencias socioeconómicas que a […]

Eroski-Paraíso

O segredo do humor | Roi Vidal Ponte | | Foto. Matteo Bertolino |   Acheguémonos a primeira produción de Chévere despois de acadar o Premio Nacional de Teatro. Deixémonos arrastrar pola riqueza polisémica das súas moitas capas. Desde o título, a obra anuncia como mínimo unha dobre dimensión. Prepárense para a profundidade. Mais ollo, […]

Eurozone

A banca gaña | Manuel Xestoso |   Case dous anos despois da súa estrea, Eurozone segue amosando a súa pertinencia. Hoxe incluso podemos afirmar que o seu discurso se adiantou aos telexornais ao presentar realidades que na actualidade circulan polos medios de comunicación cunha desvergoña que xa non é quen de escandalizar: é o […]

Ultranoite no país dos ananos

Cara a cara coa derrota | Carla Capeáns |   Xa pasaron vinte anos dende aquela primeira Ultranoite na Sala Nasa de Compostela. Unha nova forma de facer e ver teatro que remataría por conquistar definitivamente ao público galego. A fórmula é a seguinte: unha manchea de realidade social e política aderezada con sátira e […]