in

A sala Ingrávida entrega este sábado o premio Coiro de Pita

PradioDomingo4 |

Este sábado 13 de xullo, a partir das 20:00, a Sala Ingrávida do Porriño entrega o premio Coiro de Pita, que lle outorga o público da sala á mellor montaxe teatral da programación de cada tempada.

A madriña e o padriño da sala, Mariana Fernández e Tatán R. Cunha farán entrega do premio á compañía eleixida polos espectadores e espectadoras da Ingrávida. Catro finalistas desputan o galardón:

  • Artesa Cia., por Chola a it girl.
  • Berrobambán, por Doppelgänger.
  • Mortificación Teatro, por Por Kulo: el cisne que decidió combatir.
  • Prácido Domingo, por Non fai falla ser unha casa para ter pantasmas.

Chola, a it girl, conta a historia de Chola,mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, qué nos gusta, qué nos divirte… e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.

Doppelgänger é unha co-produción entra as compañías Berrobambán de Galicia e Arca de N.O.E de Colombia, co Centro Dramático Galego resultado dun proceso colaborativo estruturado en dúas fases. A primeira etapa de investigación e selección de materiais textuais e visuais, desenvolveuse nos meses de agosto e setembro en Medellín e rematou cunha primeira presentación pública. O segundo ciclo de ensaios tivo lugar en Galicia entre decembro e xaneiro e culminou na estrea definitiva do espectáculo.


Publicidade

Por Kulo: el cisne que decidió combatir é un espectáculo de danza-teatro persoal, autobiográfica e poética ao mesmo tempo que reflexiona sobre a homosexualidade e a súa relación coa sociedade capitalista moderna. Está dividido en tres partes que transitan dende a violencia ata a paz, pola rebelión contra a norma, pasando a problemática do medo na infancia e o amor e o sexo no mundo do consumo de corpos, do capitalismo sexual.

Finalmente, Non fai falla ser unha casa para ter pantasmas sitúase na fronteira entre a danza contemporánea, o teatro físico e as artes marciais. A compañía extrae directamente do Aikido diferente material físico, traballándoo primeiro no seu contexto máis puro para despois levalo a outros lugares, xogando con el e re–creándoo. Deste xeito, cada unha das disciplinas deixa a súa pegada, sempre ao servizo do que esta creación precisa para devolver a vida ás pantasmas durmidas.

A festa é completamente de balde ata completar o aforo e inclúe unha representación “Coiro de Pita” primeiro, despois vén a presentación do premio en si con Irene Moreira e Alex Sobrino, presentación do xurado e das compañías finalistas e, por último, os madriños da Sala Ingrávida, Mariana Carballal e Tatán, de Tanxarina, farán a entrega do premio.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ValleDixital |

O Arquivo Dixital Valle-Inclán, Premio de Humanidades Dixitais Hispánicas

Sonámbulo de Antón Coucheiro

Nace en Rianxo o Ríanclown, Festival Cómico na Rúa