Teatro Baixo da Area, a nova liña de investigación das producións de Pomba Luxilde (Escola Palimoco de Teatro e Danza), estreou en Lugo con gran éxito de público a adaptación ao galego deste clásico da lingua castelá. Unha proposta coherente co imaxinario do granadino, cun respectuoso e coidado traballo dramatúrxico: tanto na tradución e posta en escena do texto como na forma de dicir e representalo. A conxunción do traballo interpretativo co espazo e cos obxectos regala aos ollos imaxes surrealistas e máxicas que non só teatralizan os poemas de Nova York, senón que tamén repasan a biografía de García Lorca e a súa obra: “A min non me importan as discusións sobre o amor nin o teatro. Eu o que quero é amar” (El público, 1930).
É unha mágoa que estes momentos non veñan acompañados dunha iluminación máis determinante. O deseño ás veces fica un pouco plano e –talvez só sexa un fallo propio da estrea– desconcerta tanta intermitencia e os cambios bruscos de intensidade.
Etiqueta: Paloma Lugilde
O ‘Poeta en Nova York’, de Lorca, chega ao teatro
En marzo, o espectáculo presentarase no Salón Teatro de Compostela. Producións Paloma Lugilde estrea o vindeiro 29 de xaneiro, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, unha adaptación teatral de Poeta en Nova York, de Federico García Lorca, obra de irremediable actualidade, abordándoa desde conceptos pouco habituais: o dó como forza motriz a través do […]
Catorce espectáculos na programación teatral do Auditorio Gustavo Freire de Lugo
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a programación teatral que completan a programación do primeiro semestre do 2020 para o Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Un total de 14 representacións teatrais, que comezarán o vindeiro domingo 12 de xaneiro uniranse ao ciclo Lugo en Danza “para achegar á […]
A compañía de teatro USC-Lugo colleita éxitos con ‘WK’
A xira da compañía de teatro USC-Lugo coa súa última montaxe, WK, unha peza baseada en textos de Woyzek, obra inconclusa de Büchner, pero coa estética de Kantor, está a reportar múltiples recoñecementos para a formación universitaria que dirixe Paloma Lugilde. O último dos premios colleitados pola formación teatral do Campus Terra da USC chegou […]
XIX Mostra de Teatro Universitario de Galicia
O Teatro Principal e a Sala Roberto Vidal Bolaño acubillarán a partir da vindeira semana a 19ª Mostra de Teatro Universitario de Galicia, unha cita de entrada libre que porá sobre as táboas nove representacións e que organiza a Aula de Teatro da USC co apoio da Deputación da Coruña. A programación teatral comezará o […]
XXIV Festival de Teatro Universitario de Lugo
O Festival de Teatro Universitario, iniciativa deseñada ao abeiro do convenio Lugo Cultural do que forman parte Deputación, Concello de Lugo e USC, botará a andar no Campus Terra a súa edición XXIV entre o 14 e o 21 de marzo, a través da cal Lugo converterase en foro de encontro para as diferentes compañías de Galicia. O […]
Cartografía en movemento
Cartografía en movemento, coreografía do afecto: unha volta pola sexta edición do festival | Nieves Neira | Esta foi a fotografía final do festival Cartografía en Movemento: varias persoas, organizadoras e artistas, durmindo a sesta na Casa do Río, en Vilar de Donas (Palas de Rei), onde se celebrou a última sesión do festival […]