in

Catorce espectáculos na programación teatral do Auditorio Gustavo Freire de Lugo

Patapatum |

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a programación teatral que completan a programación do primeiro semestre do 2020 para o Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.

Un total de 14 representacións teatrais, que comezarán o vindeiro domingo 12 de xaneiro uniranse ao ciclo Lugo en Danza “para achegar á veciñanza de Lugo unha programación cultural de calidade”. “Temos así unha máis de 20 actividades xa programadas para todo o semestre, sen contar as actividades que aínda están en proceso de deseño”, indicou Ferreiro.

O calendario é o seguinte:


Publicidade

  • 12 de xaneiro, 18:30. Patapatum de Elefante Elegante
  • 19 de xaneiro, 18:30. Curva España de Chévere
  • 26 de xaneiro, 18:30. Trogloditas de Tanxarina Títeres
  • 29 de xaneiro, 20:30. Poeta en Nova York de Producións Paloma Lugilde
  • 2 de febreiro, 18:30. Feo de Caramuxo Teatro
  • 16 de febreiro, 18:30. Chola, a It Girl de Artesacía
  • 5 de abril, 18:30. Pinconús de Pinconús
  • 12 de abril, 18:30. Furia necesaria de AldaoLado
  • 19 de abril, 18:30. Celebraré mi muerte de Joan Fernández
  • 10 de maio, 18:30. Falar por falar de Volta e Dálle Teatro
  • 17 de maio, 18:30. Mai mai de Baobab Teatro
  • 24 de maio, 18:30. Crónicas do Paraíso de Sarabela Teatro
  • 31 de maio, 18:30 na praza Maior. Crunch de Muu
  • 7 de xuño, 18:30. O mellor dos catro elementos de Pepe Vaamonde Grupo

As entradas para obras para público adulto custarán 5€, cun desconto do 30% para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG, mentres que os espectáculos para público familiar custarán 3€. As entradas poderán adquirirse no portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo até 3 horas antes do comezo de cada función, e unha hora e media antes do comezo do espectáculo no auditorio.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

IMG 3862 |

Cámara Negra estrea ‘Si esto es un hombre’, de Primo Levi

ArlequinaKukas |

FETEN dedica a súa exposición central a Os Monicreques de Kukas