in

FETEN dedica a súa exposición central a Os Monicreques de Kukas

ArlequinaKukas |
A Feria Europea de Artes Escénicas para Niños y Niñas (FETEN) de Xixón, que se celebrará dende o 8 até o 14 de febreiro, dedicará a súa exposición central ás catro décadas de historia da compañía Os Monicreques de Kukas.

 

A exposición ocupará a sala principal do Centro antiguo Instituto e reunirá material de moitas das montaxes da compañía, que vén de celebrar o seu cuadraséximo aniversario. Os Monicreques de Kukas, que este ano recibiu o Premio Xiria ao Labor Teatral da Mostra de Teatro de Cangas e o Premio da Cultura de Galicia, son unha compañía referente no teatro de títeres e de obxectos, e a feria organizará visitas guiadas para explicar e contextualizar os diferentes traballos expostos. A dirección da montaxe será responsabilidade dos propios Marcelino de Santiago e Isabel Rey, fundadores da compañía, e incluirá diversos prototipos de mecanismos ideados por eles para a creación de marionetas únicas que facilitan a manipulación dos bonecos por parte dos intérpretes.

FETEN supón un encontro de referencia anual para o gran público que congrega, así como para profesionais de todo o estado, que se acreditan para non perder nada durante a súa celebración. Está considerada como a máis prestixiosa feira de teatro infantil.

A exposición poderá visitarse dende o sábado 8 ata o venres 14 (datas da Feira) de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00, e dende o sábado 15 ata o domingo 23, de 18:00 a 21:00. As visitas guiadas para público xeral terán lugar do luns 10 ao xoves 13 ás 18:00, previa inscrición na sala 2 do recinto. Ademais , haberá visitas para escolares concertadas con centros educativos do luns 10 ao venres 14 ás 10:30 é ás 12:00.

 

Os monicreques de Kukas


Publicidade

No ano 1979, Marcelino de Santiago e Isabel Rey fundan Os Monicreques de Kukas, a compañía de teatro de marionetas máis antiga de Galicia e unha das máis estables do teatro galego. Participan habitualmente nas programacións das redes de Galicia, España e en festivais internacionais. Nestes 40 anos de existencia teñen sido convidados por entidades como o Centro Dramático Galego, IGAEM – Xunta de Galicia ou o Festival de Ópera da Coruña para crear espectáculos de gran formato como O MariscalUnha noite no Pórtico do ParaísoGaliza Máxica ou A Frauta máxica no maxín.

No ano 2001 comezan a súa colaboración coa Real Filharmonía de Galicia, encargándose da parte escénica de obras musicais como O Retablo de Maese Pedro, O Carnaval dos Animais, San Nicolás ou O Castelo da Rocha Vella, dirixidos por Antoni Ros Marba e Maximino Zumalave.

As súas marionetas están en coleccións e museos como o Museo Galego da Marioneta de Lalín ou o Centro de Documentación de Títeres de Bilbao e cedidas ao Museo do Teatro de Almagro e o Parque Temático dos Pobos de España de Kintetsu, en Xapón. O seu traballo no mundo dos monicreques centrouse na creación de novos prototipos de marionetas, e na dignificación e promoción entre todo tipo de públicos desta arte.

No 2017, o Concello de Santiago de Compostela aprobou establecer un convenio de colaboración coa compañía para crear a Casa dos Monicreques, que albergará todo o patrimonio material e inmaterial, para a súa exhibición, musealización e estudio.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Patapatum |

Catorce espectáculos na programación teatral do Auditorio Gustavo Freire de Lugo

Patapatum002 |

Patapatum