Unha edición con gran variedade de xéneros, desde o teatro de actriz-actor ata o teatro de monicreques, pasando polo teatro de rúa, teatro musical, danza e circo contemporáneo. Variedade tamén nas idades recomendadas, con pezas para bebés e público familiar.
Etiqueta: Caramuxo Teatro
VI Festival Pequeártiko: un Nadal para os máis pequenos na Sala Ártika de Vigo
A sexta edición do Festival Pequeártiko arranca o día 19 de decembro ata o 3 de xaneiro e contará con nove espectáculos para os máis pequenos e público familiar.
Vigocultura programa 31 espectáculos neste outono
Vigocultura trae neste semestre un programa de 31 espectáculos que inclúen rúa, monicreques, teatro, comedia, danza, microteatro e circo. O pasado 12 de marzo decidiuse o peche de todas as instalacións municipais, entre a que se incluía o Auditorio Municipal, por mor da crise epidemiolóxica provocada polo Covid-19. Vigocultura tivo que cancelar un total de […]
O Teatro Principal de Ourense anuncia o programa para este semestre
O Teatro Principal de Ourense presentou a carteleira coa que retomará a súa actividade a partir de setembro e a través da que lle propón ao público da cidade das Burgas unha trintena de citas coas artes escénicas, a música e o cinema. A directora do Teatro Principal, Olga Mojón, acompañada do director xeral […]
Redondo, de Caramuxo Teatro, na 1ª edición de “Bebés a escena” de Sevilla
Redondo, da compañía Caramuxo Teatro, é un dos tres espectáculos seleccionados na primeira edición de “Bebés a escena”, certame de teatro para bebés que organiza o Teatro TNT de Sevilla. A obra de Caramuxo será programada o sábado 15 de febreiro. Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round […]
Catorce espectáculos na programación teatral do Auditorio Gustavo Freire de Lugo
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a programación teatral que completan a programación do primeiro semestre do 2020 para o Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Un total de 14 representacións teatrais, que comezarán o vindeiro domingo 12 de xaneiro uniranse ao ciclo Lugo en Danza “para achegar á […]
Vigocultura presenta a programación do primeiro semestre 2020
A programación de artes escénicas Vigocultura para o primeiro semestre de 2020 contará con 24 compañías que presentarán 77 funcións de espectáculos de rúa, monicreques, teatro, danza, maxia e circo. Entres os meses de febreiro e abril, o Auditorio acollerá cada venres espectáculos para adultos de compañías galegas como Contraproducións, Sarabela, Malasombra, Marelas Producións, Ibuprofeno […]
Este Nadal, teatro para os máis cativos na sala Ártika de Vigo
Na sala Ártika de Vigo, do sábado 21 ao martes 31, terá lugar o V Festival PequeÁrtiko de Nadal, unha mostra con obras teatrais pensadas para os máis pequenos. Este ano, a sala presenta sete obras divertidas e familiares. Do sábado 21 ao martes 24 ás 12:00 e ás 18:00, poderá verse O mago de […]
Esta semana comeza en Ourense a Mostra de Teatro Infantil, a MOTI
A XVI edición da Mostra comeza o sábado e contará con 14 compañías e 16 funcións. Catorce compañías e 16 representacións en seis días de actividade son as cifras coas que se presenta este ano a Mostra de Teatro Infantil de Ourense (Moti). Cun anticipo de teatro de rúa, o sábado 21 de decembro, […]
XXIII Memorial Ibán Toxeiro na Coruña
O Teatro Rosalía de Castro da Coruña celebrará o vindeiro mércores 20 de novembro, ás 20:30, a vixésimo terceira edición do Memorial Ibán Toxeiro, da man da agrupación Alexandre Bóveda. O memorial rende homenaxe á figura de Ibán Toxeiro, actor afeccionado desaparecido e ao que se lle dedica esta iniciativa dende hai vinte e tres […]
Nuria Espert abre o programa do Teatro Principal de Ourense
O Teatro Principal de Ourense anunciou onte a súa programación cuadrimestral, que inclúe, ata finais de decembro, variadas propostas de teatro e danza. A obra Romancero gitano, protagonizada por Núria Espert e dirixida por Lluis Pasqual, inaugurará o próximo 19 de setembro, ás 21:00, a programación. Tamén en setembro subirán ao escenario os actores da […]
Xa se coñece a programación teatral do Pazo da Cultura de Narón para o outono
Os actores Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, coa comedia Unha noite na praia, abrirán en setembro un amplo abano de espectáculos para todos os públicos que traerán ao Pazo da Cultura de Narón. O Padroado da Cultura retomará o venres, día 13 de setembro, a programación cultural do Pazo que se desenvolverá nos catro […]
“EscenaGZ”, “Territorio Mulleres” e “Memoria Presente”, eixos da programación de Compostela
Vinte e cinco espectáculos pasarán polo Teatro Principal ou o Auditorio de Galicia neste primeiro semestre do ano. A programación escénica de 2019 de Compostela Cultura está vertebrada en tres eixos temáticos, liñas que se entrecruzan e deseñan itinerarios que se complementan, que mesturan xéneros e discursos escénicos, que nos mostran diferentes puntos de […]
Os Domingos do Principal de Pontevedra fan vinte anos
O ciclo Domingos do Principal, unha proposta clásica para a programación 2019 do Concello de Pontevedra e unha escusa perfecta para agasallar cultura: as entradas e os abonos están xa a venda. “Non creo que haxa moitos ciclos de teatro infantil cunha longa vida como este” sinalou na presentación da edición número 20 a concelleira, […]
Presentada a programación do Principal de Ourense para o primeiro semestre de 2019
O Teatro Principal de Ourense anunciou onte a carteleira escénica e musical que desenvolverá durante o primeiro semestre de 2019. Antes, ofrecerá cinco montaxes para rematar o 2018, comezando por Crimen y telón, que Ron Lalá porá en escena este mesmo venres. O resto insírese na programación da MOTI, Mostra de Teatro Infantil de Ourense: Arte’n’rúa, […]