in , , , ,

Arranca o IX Festival Pequeártiko

Desenvolverase dende hoxe ata o día 31 de decembro, na Sala Ártika, en Vigo

feo caramuxoteatro 02
'Feo', de Caramuxo Teatro.

A Sala Ártika, en Vigo, acolle este ano unha nova edición do seu Festival Pequeártiko de Nadal, cunha programación para público familiar dirixida aos máis pequenos e pequenas da casa. O IX Festival Pequeártiko de Nadal arranca hoxe, 22 de decembro, e desenvolverase ata o día 31 deste mes na sala, sita no número 113 da avenida Beiramar, na cidade olívica.

Esta mostra foise consolidando ao longo dos anos, conseguindo, segundo informan dende Ártika, unha maior acollida, tanto entre as compañías que presentan os seus espectáculos para participar nel como entre o público asistente.


Publicidade

A programación está formada por 9 espectáculos de nove compañías, tanto galegas como do resto do Estado, que ofrecerán un total de 12 representacións de teatro, títeres, e danza. O festival arranca hoxe, coa representación da peza Molly y el gigante, da compañía cántabra La Machina Teatro.

Programación completa do IX Festival Pequeártiko

  • Venres 22 de decembro ás 18:00h: Molly y el gigante, de La Machina teatro (Cantabria).
  • Sábado 23 de decembro ás 12:00h e ás 18:00h: Tras los pasos de Peter Pan, de Teatre de La Caixeta (Comunidade Valenciana).
  • Domingo 24 de decembro ás 12:00h: Feo!, de Caramuxo teatro (Galicia).
  • Martes 26 de decembro ás 18:00h: A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz, de Teatro del Andamio (Galicia).
  • Mércores 27 de decembro ás 18:00h: O xardín de Vila Gris, de Fulano, Mengano e Citano (Galicia).
  • Xoves 28 de decembro ás 18:00h: Superchica, de Bambalúa teatro ( Castela e León).
  • Venres 29 de decembro ás 17:00h e ás 19:00h: Aupapá, de ZigZag danza (Asturias).
  • Sábado 30 de decembro ás 17:00h e ás 19:00h: Burbuja, de Títeres sin cabeza ( Aragón).
  • Domingo 31 de decembro ás 12:00h: A nena e os tres osos, de Migallas Teatro (Galicia).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Desde ese silencio' de AveLina Pérez. Imaxe: Jesús Tejada.

O público ‘desde ese silencio’

Imaxe de perfil de Andrea Quintana no Facebook.

O raro de bailar