in

O Teatro Principal de Ourense anuncia o programa para este semestre

MadhubaiAtlantico |
O Teatro Principal de Ourense presentou a carteleira coa que retomará a súa actividade a partir de setembro e a través da que lle propón ao público da cidade das Burgas unha trintena de citas coas artes escénicas, a música e o cinema.

 

A directora do Teatro Principal, Olga Mojón, acompañada do director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e de Aurelio Gómez, asesor de Cultura da Deputación de Ourense, presentou o programa para este outono: 31 eventos que se celebrarán desde o 11 de setembro ata o 30 de decembro.

Entre as funcións da Rede Galega de Teatros e Auditorios, inclúense dous dos espectáculos contratados a través do circuíto da Xunta que tiveron que ser suspendidos a causa da declaración do estado de alarma: Prostitución, de Check-In Producciones, que poderá verse finalmente o 16 de outubro, e Jauría, de Kamikaze, o 25 dese mes.

O resto da oferta da RGTA no Principal concentrarase no mes de decembro con seis espectáculos galegos: Medida x medida, de Producións Teatrais Excéntricas (día 4); A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico (día 20); Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón (día 26); Contos ao pé da cama, de Viravolta Títeres (día 28); Catro, de Caramuxo Teatro (día 29), e Dous no camiño (unha historia xacobea), de Culturactiva (día 30).

A programación comezará no Principal o 11 de setembro con La fiesta del chivo, unha adaptación da novela de Mario Vargas Llosa dirixida por Carlos Saura e con Juan Echanove no papel protagonista. Saura dirixe tamén a adaptación de El coronel no tiene quien le escriba, de Gabriel García Márquez, que se poderá ver o 18 dese mesmo mes con Imano Arias encabezando o elenco. Perfectos desconocidos, de Paolo Genovese, con dirección de Daniel Guzmán, estará en escena o día 25.


Publicidade

Emportats, un espectáculo de circo para todos os públicos da compañía La Trocola chegará ao Principal o 31 de outubro. O 20 e 21 de novembro, La Joven Compañía de Teatro Clásico traerá a Ourense a súa versión de El sueño de una noche de verano, dirixida por Bárbara Lluch.

Ademais, haberá dous espectáculos de danza: Los cuerpos celestes, de Marcos Vargas e Chloé Brûlé, o 24 de setembro e Mira Miró, de Catalina Carrasco, Gaspar Morey e Aina Pascual, o 15 de novembro.

Dentro do programa, anunciáronse tamén  a 13ª edición do FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) así como o Festival de Blues e un Ciclo de Lírica que está pendente de confirmacións por parte do Concello de Ourense.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

the primitals venres 17 mostra 2020 18 |

‘The primitals’, Premio do Público na 37ª Mostra de Cangas

image004 |

A VI Escola de Verão para Atores centra o seu traballo na figura de Antígona