A sexta edición da Escola de Verão para Atores de Viana do Castelo desenvólvese do 20 ao 25 de xullo coa traxedia de Antígona como tema central. O formato da EDV ten lugar este ano, excepcionalmente, baixo o modelo de Residencia Artística / Laboratorio de Investigación e Creación destinada ao elenco residente e o elenco de honra do Teatro do Noroeste – CDV.
Esta edición especial conta co profesor, dramaturgo e director Guillermo Heras; a profesora, tradutora e investigadora do Instituto de Estudos Teatrais da Universidade Sorbonne Nouvelle Paris – III, Alexandra Moreira da Silva; a coreógrafa, profesora e fundadora do Balleteatro do Porto e directora artística do Teatro de Marionetas do Porto, Isabel Barros; e João Henriques, profesor de voz para texto e canto e director escénico.
O elenco residente e o elenco de honra da compañía vianense traballarán no Teatro Municipal Sá de Mirando ao longo da semana nas múltiples obras escritas a partir do texto orixinal de Sófocles, revisitando autores como António Pedro, María Zambrano, Jean Anouilh e Bertolt Brecht.
A actividade é unha iniciativa do Teatro do Noroeste – CDV co apoio da Cámara Municipal de Viana do Castelo.
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



