Redondo, da compañía Caramuxo Teatro, é un dos tres espectáculos seleccionados na primeira edición de “Bebés a escena”, certame de teatro para bebés que organiza o Teatro TNT de Sevilla. A obra de Caramuxo será programada o sábado 15 de febreiro.
Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día , na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia.
Os outros dous espectáculos que se programarán en “Bebés a escena” son Latidos, da compañía madrileña Okinawa (8 e 9 de febreiro) e La colina y la roca, de Tolón Tell On, de Alicante (16 de febreiro).
- O Centro Ágora da Coruña acolle a I Mostra do Programa de Acompañamento á Creación Escénica (PACE) - 31/07/2026
- NOGA organiza a primeira edición das súas xornadas formativas de narración oral - 30/07/2026
- O Centro Coreográfico Galego coproducirá os novos espectáculos de Paula Quintas, VACAburra e SÖA - 28/07/2026



