in

Este Nadal, teatro para os máis cativos na sala Ártika de Vigo

MagoDeOz |

Na sala Ártika de Vigo, do sábado 21 ao martes 31, terá lugar o V Festival PequeÁrtiko de Nadal, unha mostra con obras teatrais pensadas para os máis pequenos. Este ano, a sala presenta sete obras divertidas e familiares.

Do sábado 21 ao martes 24 ás 12:00 e ás 18:00, poderá verse O mago de Oz, de Teatro Avento, unha adaptación para as táboas do clásico infantil. A Dorothy non lle gusta nada a improvisación. Vive nun mundo racional, onde o que se debe facer é todo o que se pode facer. Pero… un día normal, como calquera día normal da súa normal vida, un tornado a levará a un mundo no que as súas regras non lle servirán de nada. Un mundo no que terá que emprender unha maravillosa viaxe se quere regresar a casa.

O xoves 26 ás 18:00, será a quenda de Ludens, de Tyl Tyl Cía. Aura e Leo móvense, xogan e o día comeza. Non hai cor e eles cantan. Entón a cor aparece, trae paxaros e estes, relatos. A necesidade para comer, o xogo. Despois vén a calma e un tren chega co seu misterio: unha maleta. O día pasa e a maleta finalmente é aberta. Trae unha sorpresa: un carrusel que vira mentres Aura e Leo contan o día transcorrido. Ela dórmese. El despídese cun bico, e o día termina

Publicidade

O venres 27, ás 18:00, os aragoneses de Títeres sin cabeza traerán ata Vigo Cuentos de las estrellas. Mirar ao ceo e ver as constelacións debuxar, para que rapidamente podámolas atopar. Viaxar cun cometa aguantando a risa, por que non entendes que di con tanta présa, ou escoitar sen parar as historietas que che contan os nosos veciños os planetas. Con todo moitas noites só teño ollos para mirar á lúa, por ser redonda e brillante como ningunha. E é que cada noite a miña mente imaxina, todo o que unha estrela ilumina. Contos das estrelas narra con monicreques historias e lendas de diferentes culturas sobre o universo, aderezados con cancións e música en directo.

O sábado 28, ás 18:00, O Baúl da Tía Tola representará Estrazalonia, unha obra teatral que pretende o estímulo dos sentidos viaxando a través das emocións, as sensacións, a sorpresa e a ilusión. A Estrazalonia chegan Tilín e Tilón, cada unha co seu son, e atoparán un mundo de papel, onde todo é o que cada quen quere que sexa. Neste mundo os cativos descubrirán novas texturas, novos sons, a maxia das transformacións e o poder da imaxinación.

O domingo 29, ás 18:00, Zapatos, de Caramuxo Teatro, está dedicada aos máis cativos (de 1 a 4 anos). Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha moza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder comprartir emocións con esa bela bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. Zapatos narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

O luns 30, ás 18:00, o Festival PequeÁrtiko de Nadal trae a Eduardo Manazas e o seu Fuera de Stock, que fala de soños, de esperanzas, de ilusións, da vida, a túa vida, de vivila, de xogo… Unha oficina, un almacén, unha fábrica… Traballo, dossieres, ingresos, gastos, balances, inventarios, beneficios, perdidas… Traballar para vivir? Vivir para traballar? Onde quedo eu? Que son nesta engrenaxe? Un espectáculo sobre o traballo, as persoas e a súa relación, cheo de anhelos e desexos. Narrado en clave de circo a través dos malabares, a acrobacia, un mastro e moitos soños.

Finalmente, o martes 31, ás 18:00, Teatro Avento pechará a mostra con Laranxus 7. Verde é un extraterrestre que habita o planeta Laranxus 7. Leva unha vida do mais monótona e aburrida, só e sen ninguén con quen xogar. Cando o seu planeta é colonizado por uns malvados e horribles invasores, Verde, o noso protagonista, embárcase nunha fantástica viaxe na procura de axuda. A súa odisea levarao a coñecer distintas razas e lugares do universo que acabaran por cambiarlle a súa visión do mundo e a descubrir o verdadeiro valor da amizade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fernando Epelde |

Fernando Epelde gaña o Premio Varela Buxán de Teatro

Liberto01 |

Liberto