in

Teatro infantil en Ourense para este Nadal na MOTI 2020

Isla de dclick | Espectáculo de novo circo
Foto de Pilo Gallizo
Un ano máis, volve a MOTI, a Mostra de Teatro Infantil de Ourense con 17 representacións a cargo de 13 compañías de Galicia, Castilla-León, Castilla La Mancha, Aragón e Madrid.
 
Unha edición con gran variedade de xéneros, desde o teatro de actriz-actor ata o teatro de monicreques, pasando polo teatro de rúa, teatro musical, danza e circo contemporáneo. Variedade tamén nas idades recomendadas, con pezas para bebés e público familiar.

O teatro infantil galego é o protagonista

As compañías galegas son as protagonistas deste MOTI, no que Trécola Teatro estreará, o martes 22, Fíos de Moti, unha peza que simboliza a volta dos nenos e nenas confinados á maxia do teatro que supón esta mostra.

O sábado 26 será o momento de Pedras de Cartón coa súa versión do clásico Lázaro de Tormes. Unha peza que levou a mención especial no Festival de Almagro deste ano e que ben seguro desfrutarán os nenos de máis de cinco anos. O mesmo día, o grupo Geppetto, estreará Coñecendo a Pippi no Auditorio Municipal. A nena peculiar da infancia de moitas xeracións de pais, volve para contar a súa historia.

O luns 28 será a hora dos títeres de Viravolta e os seus Contos ao pé da cama, no Teatro Principal. Ademáis, Trécola tamén porá en escena o contacontos O león azul, será na Biblioteca Pública con aforo limitado.

Reproducir vídeo

A danza chegará da man da compañía Caramuxo Teatro e Catro. Será o martes 29 con dobre pase, un de mañá e outro de tarde. Unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, co son e as texturas e que xirará en torno ao número catro.

Lixo, de O Baul da Tía Tola, fará as ledicias do público a partir de 2 anos e ensinará aos máis pequenos a coidar o medio ambiente e a importancia de reciclar.

A comedia de Culturactiva, Dous no camiño, interpretada por Isabel Risco e Fran Rei, porá as lendas xacobeas populares á man dos máis pequenos grazas a unha dramaturxia de Roi Vidal e Xurxo Barcala. Será o mercorés 30 no Teatro Principal. O mesmo día, pero no Auditorio Municipal, Baobad Teatro porá sobre as táboas O Lobo e a Lúa, peza de monicreques galardoada co Barriga Verde no 2014.

Reproducir vídeo

Novo circo, comedia clown e teatro musical

Nesta edición, son cinco as compañías de fora da comunidade que representarán as súas obras na MOTI. Traerán a esta cita xéneros coma o novo circo, musical, clown ou danza aérea para entreter á cativada.

O domingo 27, Ultramarinos de Lucas, compañía de Castela A Mancha, estará no Teatro Principal con Soy un niño. Un canto á liberdade dos nenos, con música en directo, que contará con pase de mañá e de tarde. 

Ese mesmo día, Spasmo Teatro, de Castela León porá sobre as táboas a comedia clown Viaje al centro del cuerpo humano. Será no Auditorio Municipal.

O musical Orejas de mariposa, da compañía madrileña Espiral Mágica, estará no Auditorio Municipal o luns 28. Unha proposta interesante para que os nenos acepten a diferencia do outro a través da historia de Mara, unha nena coas orellas grandes.


Publicidade

Reproducir vídeo

O circo contemporáneo e o teatro xestual chegarán a Ourense da man da compañía aragonesa D’Click o martes 29 no Auditorio Municipal. Será coa obra Isla, unha ensoñación sobre os límites que buscan os particulares náufragos dunha illa deserta.

Los viajes de Bowa será a última cita do MOTI co novo circo. A compañía madrileña La gata japonesa xogarán coa poesía, a acrobacia e o humor o mércores 30.

Para máis información sobre horarios, prezos e programación pode consultalo en: www.motiourense.blogspot.com

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Titiriberia 2020

Titiriberia 2020: o festival de títeres tradicionais comeza en Rianxo

AC Alexandre Bóveda

Debate: ‘O teatro galego diante da pandemia COVID-19’