Pedras de Cartón leva a súa primeira peza ao festival de Teatro Clásico de Almagro

O espectáculo Lázaro de Tormes, da compañía coruñesa Pedras de Cartón, foi seleccionado para participar na 43 edición do Festival de Almagro, un dos festivais de teatro clásico máis veteranos do Estado.

 

Esta peza, unha proposta de teatro de máscaras sen palabras do clásico infantil do Lazarillo de Tormes, será a única representación galega no espazo “Barroco Infantil”, que este ano será online e estará dipoñible do 16 ao 22 de xullo. Un espectáculo para toda a familia narrado en clave de comedia mediante un traballo de máscaras coidadoso e unha banda sonora orixinal.

O elenco conforma cada unha das pasaxes máis coñecidas desta historia universal da picaresca española. Un xeito de introducir aos mozos o amor polo teatro clásico.

Pedras de Cartón conta con profesionais cunha ampla traxectoria como Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro e presidente de Escena Galega. Acompañado de Xosé Manuel Esperante e Xosé Vilarelle, e baixo a dirección de Pablo Sánchez e Laura Sarasola.

Lázaro de Tormes emitirase na web do festival dende o 16 ao 22 de xullo. As entradas para ver a obra online xa están á venda aquí.

Deixar unha resposta