in

O Teatro Español de Madrid estreará unha versión en castelán de ‘Voaxa e Carmin’ de Esther Carrodeguas

|
O teatro madrileño tamén inclúe na súa programación a montaxe Fariña, de Ainé producións, dirixida por Tito Asorey.

 

A directora artística do Teatro Español, Natalia Menéndez, presentou hoxe a nova programación despois do período de confinamento baixo o lema La vida reflejada. Oitenta proxectos integran o cartel que inclúe a estrea do texto de Esther Carrodeguas Voaxa e Carmín con dirección da propia Menéndez baixo o título Las dos en punto.

25 estreas absolutas, 11 producións propias, 19 coproducións, exposicións e instalacións conforman o programa para a tempada 2020-2021 do Teatro Español y Naves del Español en el Matadero a partir do mes de setembro. Entre elas, Las dos en punto poderá verse a partir do 23 de abril na Sala Fernando Arrabal. Gañadora do Premio Abrente para Textos Teatrais, a peza que asina Esther Carrodeguas é un exercicio de xustiza poética que reivindica a historia das coñecidas Marías de Santiago de Compostela: Maruja e Coralia Fandiño Ricart. A historia, de gran crueldade pero tamén de valentía e dignidade, será levada a escena polas actrices Nuria González e Mona Martínez nunha coprodución do Teatro Español e Octubre Producciones.

Publicidade

Pola súa parte, do 17 de setembro ao 11 de outubro a Sala Fernando Arrabal acollerá Fariña, de Ainé Producións. Tito Asorey asina a dirección desta montaxe frenética en clave de teatro musical sobre o capítulo do narcotráfico na historia de Galicia e que conta con cinco nominacións aos Premios María Casares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Lázaro de Tormes de Pedras de Cartón

Pedras de Cartón leva a súa primeira peza ao festival de Teatro Clásico de Almagro

FalarPorFalar |

Volta e Dálle presenta en Compostela ‘Falar por Falar’