in

O ‘Poeta en Nova York’, de Lorca, chega ao teatro

PoetaNovaYorkLugilde |
En marzo, o espectáculo presentarase no Salón Teatro de Compostela.

 

Producións Paloma Lugilde  estrea o vindeiro 29 de xaneiro, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, unha adaptación teatral de Poeta en Nova York, de Federico García Lorca, obra de irremediable actualidade, abordándoa desde conceptos pouco habituais: o dó como forza motriz a través do trato coa morte (tema ritual do poemario) ou a crise do desexo. Por iso, a experimentación terá un gran peso, materializándose nun espazo escénico contemporáneo no que a honestidade estea presente creada pola directora e dramaturga Paloma Lugilde.

O elenco está formado por María Roja, Sergio Zearreta e Sabela Eiriz. Completan o equipo Rosa Moledo, tradución e asesoramento lingüístico, Xoan Laxe, tradución e Alfredo Sarille, luces.

As entradas para a estrea, o día 29, están xa esgotadas, pero haberá un segundo pase o día 30, ás 20:30. Xa en marzo, o espectáculo presentarase no Salón Teatro de Compostela.

 


Publicidade

Paloma Lugilde

Paloma Lugilde é actriz e directora da compañía de teatro Palimoco dende a súa fundación, da Escola Palimoco Teatro e Danza, e do Grupo de Teatro USC-Lugo. Con esta última compañía Luguilde conseguiu o premio á mellor Dirección no II Festival Nacional de Teatro Universitario. Como actriz, traballou, ademais de en Palimoco, en Títeres sen cabeza, e colaborou con Achádego Teatro na obra A Tempestade. Tamén colaborou con Proxecto Barraca, da Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Participou en programas de radio e televisión como colaboradora. Ten formación tamén en danza clásica, contemporánea e flamenca, traballou no Colegio Fingoi impartindo teatro e danza e fixo un traballo de voluntaria na prisión de Teixeiro; ademais de formar parte do Proxecto Buxiganga.

 

Ficha

Dirección e Dramaturxia: Paloma Lugilde
Elenco: María Roja, Sergio Zearreta, Sabela Eiriz
Tradución poemario: Xoán C. Laxe
Tradución dramaturxia e asesoramento lingüístico: Rosa Moledo
Luz e Son: Alfredo Sarille e David Regueiro
Poemas musicados:Sergio Zearreta
Deseño de espazos: Paloma Lugilde
Fotografía: Mario García Herradón, Marcos Loopez, Adra Pallón
Vídeo: Luis Antonio Barajas, Escola de Imaxe e Son de Lugo
Deseño gráfico e redes: Sabela Eiriz
Asistente de produción: Oscar Lago
Realización vestiario: Maite Abuín, CDG

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

RosaliaCulturactiva |

Culturactiva leva a infancia de Rosalía ao teatro

PentecostesPalidoDomingo |

Pentecostés