in

Culturactiva leva a infancia de Rosalía ao teatro

RosaliaCulturactiva |
Culturactiva estreará en febreiro Rosalía, a primeira obra de teatro centrada na infancia da poetisa padronesa.

 

María Rosalía Rita tamén foi nena. As biografías non o contan, pero unha das grandes voces literarias da historia tamén foi nena e foi nena que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

A peza ten como vocación rescatar para o público máis novo a infancia da escritora, explicando o seu carácter como unha nena creativa, inconformista, lectora, activa e rebelde ás cousas que considera que non son xustas. Valores que forman parte da obra de Rosalía de Castro e que a rapazada só pode chegar desde a súa explicación adulta. A poesía, a música e a creatividade da nena que será unha das grandes escritoras universais son os argumentos da peza para que os espectadores e as espectadoras novas se acheguen á biografía e a Rosalía sen deixar o carácter infantil: xogos de palabras, música popular e o cambio de vida que a protagonista terá que facer como paso dunha etapa a outra da súa vida. Un cambio que na obra ten como reflexo unha grande parte de diversión e outra de transmitir as sensacións da protagonista coas que os rapaces de entre nove e doce anos poden sentirse identificados.

 

Sinopse

Rosalía ten que deixar a aldea e marchar para Santiago de Compostela. É un cambio difícil para quen disfruta coa vida natural, para unha nena afeita a vivir poñendo a xogar as palabras e inventando mundos e ditos. É unha nena e xa está preparada para marchar, ten os baúles preparados, pero ela non está convencida da decisión. María Rosalía Rita agóchase no faiado, pechando a porta tras ela, facéndose forte nese lugar máxico que ben coñece, que habitou en segredo e que está ateigado de tesouros. Hoxe mesmo veñen buscala, xa lle puxeron o seu traxe de fidalguiña e uns zapatiños que non lle acaban de acaer ben. Debe abandonar a aldea para ir vivir coa súa nai despois de anos baixo a tutela das súas tías paternas.


Publicidade

 

A equipa

Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras para espectadoras e espectadores que viven no país da infancia.

O texto da escritora e actriz Nate Borrajo nace do coñecemento de Rosalía de Castro como autora. A directora da obra, Fina Calleja, ten dirixido producións fundamentais da compañía ourensá para público novo. O elenco está formado por Cristina Collazo, que asumirá o papel de Rosalía nena e de Rocío González, que asumirá dous papeis, un como amiga de xogos da protagonista e outro como a súa principal coidadoras.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

noitenepraia08 |

Carlos Blanco e Touriñán volven aos escenarios con ‘Unha noite na praia’

PoetaNovaYorkLugilde |

O ‘Poeta en Nova York’, de Lorca, chega ao teatro