A Creación do Anticorpo

Incendiaria impartirá un obradoiro de creación escénica en Cangas

O espectáculo Microspectivas dun marica millennial será o punto de partida desde o que a compañía Incendiaria desenvolverá en Cangas o curso de creación escénica ‘A creación do anticorpo’ os días 18 e 19 de decembro. Esta coprodución do Centro Dramático Galego, estreada precisamente no Auditorio Municipal da vila do Morrazo, é unha reflexión sobre a infancia e a creación desde a perspectiva dun artista LGTBIQA+. O proxecto xestouse no marco das III Residencias Paraíso que cada ano convoca o Colectivo RPM.

Certame Manuel María 2020

Incendiaria e A Quinta do Cuadrante acadan o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

A obra gañadora foi ‘A lúa vai encuberta’, adaptación da peza do poeta de Outeiro de Rei que contará cun mínimo de trinta representacións nas vilas e cidades galegas, ademais de 4000 euros á produción.   O II Certame Manuel de Proxectos Teatrais, convocado pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración de 30 concellos e […]

Incendiaria estrea en Cangas ‘Microspectivas dun marica millennial’

A compañía Incendiaria estrea este sábado 14 de marzo ás 21:00, no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo o espectáculo Microspectivas dun marica millennial. Davide González protagoniza esta peza unipersoal creada en co-produción co Centro Dramático Galego que afonda na memoria desde a música ao vivo e as artes do movemento.   Microspectivas dun marica […]

O programa de residencias do CDG acolle seis compañías en dous meses

Realizarán estadías artísticas Pérez&Fernández, Marta Alonso, La Quintana Teatro, Cámara Negra, Verdeveras Expresións Artísticas e Incendiaria.   O programa de residencias artísticas que o Centro Dramático Galego (CDG) mantén na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollerá ata mediados de abril os equipos de seis compañías galegas para traballar nas súas novas […]