in , ,

Programación escénica do Orgullo 2022 en Galiza. Por un Orgullo libre de violencias

orgullovigo2021 9876 1140x570 1 |
Imaxe da manifestación do Orgullo en Vigo no 2021. Fonte: metropolitano.gal

Co gallo do Día do Orgullo LGTBIQ+, conmemorado internacionalmente o 28 de xuño, son diversas as actividades que se celebran ao redor desta data. Manifestacións, conferencias e mesas redondas, proxeccións de películas e documentais, presentacións de libros e exposicións ou diferentes actividades lúdicas e deportivas acompañan a reivindicación do diverso e do plural.

Se cadra o pistoletazo de saída na nosa comunidade sexa a celebración do CoruFest na cidade de A Coruña, a finais do mes de maio, que este ano estivo dedicado á memoria de Samuel Luiz, o rapaz tristemente asasinado aínda non hai un ano nun crime homófobo na cidade onde, supostamente, ninguén é forasteiro.

Por casos coma o de Samuel, e polo tremendo incremento de agresións ao colectivo LGTBIQ+, este ano as diversas entidades e ongs que organizan estes eventos en Galiza centran as súas protestas contra as violencias e a ineficaz resposta das institucións.

Dende a erregueté ǀ Revista Galega de Teatro queremos sumarnos a estas reivindicacións e celebracións centrándonos no eido que máis nos interesa, e así compartimos con vós a axenda de actividades escénicas ao redor deste evento en Galiza:

 

  • Sábado 11 de xuño
    • Vigo. Performance sobre a formación da identidade, con Sofía González Castro. Entrada do Museo do Marco, 20:00h.

 

  • Sábado 25 de xuño
    • Vigo. Os amores de Rosita e Cocoliche, con Iván de Souza e Ana Galego. Centro LGTBIQ+, 22:00h.

 


Publicidade

  • Domingo 26 de xuño
    • Gondomar. Teatro das oprimidas, con Nuria Pahino. Parque da Coelleira, 20:00h.

 

  • Luns 27 de xuño
    • Pontevedra. Contos de cores, con Alba Blanco. Librería Seijas, 19:00h.
    • Rianxo. O avó que saiu da maleta, con Brais das Hortas. Explanada do Cra (Taragoña), 19:30.
    • Vimianzo. Planeta LGTBI, con Caxoto. Praza do Concello, 20:30h.

 

  • Martes 28 de xuño
    • Cangas. Menú do día, de #CHAMIZOBELLOVILA. MITCFC, Capela do Hospital, 20:30h.
    • Lugo. Planeta LGTBI, con Caxoto. Praza da Soidade, 18:30h.
    • Ourense . Microspectivas dun marica millennial, de Incendiaria. Teatro Principal, 21:00h.
    • Vigo. PerformanceNos están matando, con Xoel Ariezzz. Praza da Constitución, 20:00h.

 

  • Mércores 29 de xuño
    • Cangas. Presentación de Pandrama, por Afonso Becerra de Becerreá. MITCFC, Capela do Hospital, 20:00h.
    • Rianxo. A trastenda dos contos, con Caxoto. Atalaia-Asados, 19:30h.

 

  • Xoves 30 de xuño
    • A Guarda. Noche de cabaret, con Marinita y sus maromas. Praza do Reló, 21:00h.
    • Pontevedra. Contacontos diverso, con Mun Mintaka. Bar La Hormiga, 18:00h.
    • Redondela. Volando libres, contacontos. Biblioteca Xela Arias de Chapela, 18:00h.

 

  • Venres 1 de xullo
    • A Guarda. Os Bolechas: Somos como as cores do arco da vella, Contacontos. Castelo de Santa Cruz, 12:00h.

 

  • Sábado 2 de xullo
    • Vigo. Contacontos, Teatro Diverxo. Praza do Abanico, 18:00h.
    • Vigo. A fantasía galega, Meiga-i. Praza da Pedra, 21:30h.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fotografía de Almos Bechtold.

Sobre a importancia de manter o entusiasmo

María Casares

Vitola, a única