Cambio de Foco | CDG e Sala Ártika

Ártika estrea ‘Cambio de Foco’ en coprodución co Centro Dramático Galego

En Cambio de Foco tres equipos artísticos de diferentes xeracións e con tres xeitos distintos de ver o teatro amosan a súa visión sobre un mesmo texto. O obxectivo deste laboratorio é tender unha ponte entre a creación e o público. Completan o programa de coproducións os proxectos Outras miradas de Teatro Ensalle e Clásicas desfeitas de Nononon.lab.

Francisco Javier Suárez Lema

O dramaturgo galego Francisco Javier Suárez Lema recibe o Premio LAM de Teatro 2020

Gañou este certame, convocado pola Fundación SGAE e a Asociación Cultural Visible para textos teatrais de temática LGTBIQ+, coa peza Afuera están los perros.   Francisco Javier Suárez Lema (Corcubión, 1979) vén de gañar o XIV Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez (Premio LAM 2020) que convocan  anualmente a Fundación SGAE e a Asociación Cultural Visible co […]