O Centro de Documentación e Recursos Feministas do Concello de Vigo, a través da Concellería de Igualdade, organiza esta charla que terá lugar hoxe xoves día 10 ás 19.00 h.
Representacións Queer feministas e a inclusión da sexualidade e da identidade na dramaturxia son os eixes temáticos sobre os que se vai desenvolver esta tarde, a partir das 19.00 h., este encontro virtual na plataforma Google Meet (código de acceso ao faladoiro: jed-gkgg-rip).
Intervirán integrantes da organización feminista Nós Mesmas e o dramaturgo, docente e director da erregueté | Revista Galega de Teatro, Afonso Becerra de Becerreá, o cal fará un percorrido por diferentes propostas escénicas e/ou dramatúrxicas a través dos corpos e das sexualidades non normativas, aquelas que confrontan ao sistema e terminan co poder da norma establecida.
Ligazón ao faladoiro: ‘Representacións Queer no teatro’
Código de acceso: jed-gkgg-rip
Información e axuda: 986 436 441
- O festival de danza e artes do movemento Abanea celebra a súa quinta edición - 09/07/2026
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026



