in

Matarile presenta ‘El diablo en la playa’ na sala Ártika de Vigo

Diablo en la playa | Matarile
O venres 11 de decembro, ás 20:30 h, e con funcións o sábado e o domingo, Matarile presentará o seu novo espectáculo na sala viguesa, a creación número trinta da compañía.
| Imaxes: Rubén Vilanova |

Trala gran acollida de DAIMON y la jodida lógica nun ano marcado pola pandemia, a compañía de Ana VallésBaltasar Patiño trae a Vigo a súa creación número trinta, El diablo en la playa. A sala Ártika acollerá no seu espazo da Avenida Beiramar o novo espectáculo de Matarile Teatro os días 11, 12 y 13 de decembro. Unha peza que foi estreada o pasado outubro no Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO.

El diablo en la playa ten a súa orixe nun encontro de Ana Vallés e Baltasar Patiño con Claudia Faci a finais de 2018. Despois uniuse a canaria Celeste, que leva sendo unha habitual da compañía desde hai anos. Ambas son bailarinas formadas no clásico, que evolucionaron cara a tendencias máis vangardistas e que aquí forman o elenco dun espectáculo que parte da idea do caos de Deleuze. En palabras de Ana Vallés, “por unha banda, así como a filosofía e a ciencia constrúen unha especie de paraugas que nos protexa do caos, a arte abre unha fenda precisamente nese paraugas. Hai unha fenda pola que permite que entre o caos”.

Con referencias estéticas como a fotografía de Gregory Crewdson, a pintura de Edward Hopper ou o cinema de Roy Andersson, Matarile sacou adiante este espectáculo nun ano especialmente complicado para a creación escénica. Mais a compañía entendeu este momento excepcional como unha oportunidade para facer fincapé na súa forma de entender o teatro. “Para min a base do teatro é a relación que se establece co espectador. Hai un desexo de estar, de tener unha cita, de dicir ‘eu, tal día a tal hora, vou estar contigo’, e, entón, en cada función ten lugar un encontro real con esas persoas”, di Vallés.


Publicidade

Baltasar Patiño encárgase da iluminación coa complicidade de Miguel Muñoz. Este traballo a catro mans deu como resultado unha luz de marcado carácter experimental e un espazo “diabólico”. O equipo péchase con Juancho Gianzo na produción.

Matarile pecha en Vigo un 2020 marcado polo éxito do seu espectáculo DAIMON y la jodida lógica, peza de gran formato que tamén puidemos gozar na sala Ártika e que seguirá recorrendo os mellores escenarios ao longo do próximo ano.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Afonso Becerra

Faladoiro virtual: ‘Representacións Queer feministas no teatro’

Ningures | Teatro ó cubo

Teatro Ó Cubo estrea ‘Ningures’