in

Teatro Ó Cubo estrea ‘Ningures’

Ningures | Teatro ó cubo
O novo espectáculo da compañía preséntase esta tarde, ás 18.30 h., na Casa da Cultura ‘Pintor Lloréns’ de Sada.

 

A compañía galega Teatro Ó Cubo, formada por Sofía Espiñeira e Roberto Casal,  estrea Ningures, a súa nova obra para público familiar. A cita será este venres 11 de decembro na Casa da Cultura ‘Pintor Lloréns’ de Sada ás 18.30 h.

Ningures é unha obra para un público amplo como a maioría de espectáculos desta compañía independente; “unha viaxe pola vida mesma”, en palabras dos seus creadores. “Até o de agora sempre nos diriximos a un público familiar. Por iso gústanos construír as nosas pezas pensando tanto nos adultos coma nos máis pequenos, de maneira que cada un poda sacar a súa propia lectura”, afirma a actriz e cantante Sofía Espiñeira.

As personaxes desta aventura son Rita e Denís, viaxeiras incansables que cruzan os seus camiños no misterioso limiar das portas de Ningures, lugar ansiado por todos os viaxeiros e que agocha moitos misterios para os protagonistas. A través do humor, da danza, da manipulación de obxectos e do teatro físico, Teatro Ó Cubo recrea este universo de ficción procurando unha nova estética e diálogo co público. O resultado é unha peza que afonda nas metas e frustracións, nos propios retos, nos encontros e desencontros e nos medos que nos paralizan, poñendo sobre a escena valores coma a amizade, a aceptación do fracaso e o respecto pola diversidade.


Publicidade

O Concello de Redondela, terra natal de Roberto Casal, apoiou á compañía o pasado mes de xullo abrindo por primeira vez o Auditorio da Xunqueira para desenvolver nel unha residencia artística. Teatro Ó Cubo puido traballar durante unha semana a última fase de creación da peza. Un apoio fundamental para sacar adiante este traballo, que se viu paralizado polo estado de alarma debido á pandemia da COVID-19. “Este tipo de acordos cos concellos son fundamentais para favorecer a creación e apoiar á cultura nestes tempos tan complexos para a nosa profesión”, afirman Sofía e Roberto.

 

Reserva de billetes

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Diablo en la playa | Matarile

Matarile presenta ‘El diablo en la playa’ na sala Ártika de Vigo

Diablo en la playa | Matarile

El diablo en la playa