Con El diablo en la playa, Matarile segue a coñecida liña de creación de Ana Vallés, fundindo persoas con personaxes, luces e vibracións sonoras, nunha atmosfera (firmada co selo indiscutible de Baltasar Patiño) que por momentos parece sacada dun soño, deixando imaxes marcadas na retina. Dalgún xeito, esta peza continúa o camiño de investigación trazado pola súa peza anterior, Daimon y la jodida lógica, mais, se na anterior atopabámonos co demo que cada un de nós leva dentro, nesta podemos observar o propio e mesmo inferno.
Etiqueta: Baltasar Patiño
Matarile presenta ‘El diablo en la playa’ na sala Ártika de Vigo
Trala gran acollida de DAIMON y la jodida lógica nun ano marcado pola pandemia, a compañía de Ana Vallés e Baltasar Patiño trae a Vigo a súa creación número trinta, El diablo en la playa. A sala Ártika acolle no seu espazo da Avenida Beiramar o novo espectáculo de Matarile Teatro os días 11, 12 y 13 de decembro. Unha peza que foi estreada o pasado outubro no Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO.
A erregueté presenta o número 99
A edición do número 99 da erregueté | Revista Galega de Teatro conta co apoio para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra do ano 2020.
Matarile volve ao gran formato
A nova montaxe de Matarile, Daimon y la jodida lógica, estrearase os días 6, 7 e 8 de setembro na Sala Ártika de Vigo para logo facer parada en Bilbao e Madrid. A nova creación de Matarile Teatro basea o seu título nun concepto mitolóxico que pode significar –segundo o contexto– destino, voz da conciencia, intuición, […]
Homes bisagra
Teatro vibracional | Afonso Becerra de Becerreá | Homes bisagra semella materializar as ideas do visionario Antonin Artaud que podemos ler en Le Théâtre et son double. A musculatura sonora, lumínica e corporal actúan nunha sinestesia non redundante, que foxe de calquera lugar común e que fornece efectos empáticos hipnóticos, dunha beleza perturbadora. O […]