in

Matarile estrea ‘Pussy Cake’

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolle hoxe e mañá dúas funcións desta nova montaxe dirixida por Baltasar Patiño

Baltasar Patiño
Baltasar Patiño

A compañía Matarile, fundada en 1986, estrea hoxe o seu novo espectáculo, Pussy Cake, tras a repercusión de INLOCA, estreado en Madrid en 2022 en coprodución co Centro Dramático Nacional. Baltasar Patiño asume a dirección desta montaxe na que conta cun equipo de mulleres formado pola actriz e performer Andrea Dunia, e as bailarinas Raquel Esteller e Alejandra Balboa. O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolle esta fin de semana dúas funcións, unha hoxe e outra mañá, ás 20.30 horas.

Pussy Cake é unha peza a medio camiño entre a danza e a performance que bebe do universo da fotógrafa estadounidense Francesca Woodman, falecida prematura e traxicamente aos 23 anos de idade, e considerada unha precursora do selfie. A inquietante poética do traballo da artista serve para levar a escena un espectáculo de 70 frenéticos minutos de duración nos que o espectador será testemuña dunha impactante presión sonora, contundentes imaxes de vídeo e un dispositivo móbil de iluminación creado ad hoc. Sobre o escenario, tres intérpretes empuxadas por unha potente e sofisticada música de estilo industrial, noise rock e hip hop. Os dispositivos de iluminación e de vídeo están deseñados a medida polo director para envolver as actrices nun diálogo escénico con Francesca Woodman que, por momentos, conecta coa estética do porno caseiro propio das cam girls.

Francesca Woodman SELFIE
Imaxe de Francesca Woodman, considerada como o seu primeiro autorretrato “selfie”. Extraída da web de Matarile.

Nesta montaxe volve ser primordial a iluminación deseñada por Baltasar Patiño. O deseño lumínico construíuse nun espazo teatral real sobre as coreografías, músicas e vídeos que se foron creando ao longo de todo un proceso de creación que comezou en novembro de 2022. Tras a estrea en Santiago de Compostela o espectáculo visitará a Sala Ártika de Vigo na terceira semana de febreiro.

Ficha artística

Dirección e dramaturxia visual: Baltasar Patiño

Asistente de dirección e sparring: Andrea Dunia

Reparto: Andrea Dunia, Raquel Esteller e Alejandra Balboa

Coreógrafas: Nuria Sotelo e Rut Balbís

Outras coreógrafas: Andrea Dunia, Raquel Esteller e Alejandra Balboa

IIuminación, produción de son, vídeo e espazo escénico: Baltasar Patiño

Vestiario: La compañía

Vídeo difusión: Edición Rusa


Publicidade

Fotografía: Rubén Vilanova

Baixo título: Micaela Vila

Loxística técnica en Compostela: RTA + Matarile

Produción Pussy Cake e coordinación Matarile: Laura Sánchez

Distribución: Matarile

Espazos de creación coreográfica: A Casa Vella e La Normal Universidade da Coruña

Espazo de residencia técnica: Sala Ártica de Vigo e Teatro Principal de Santiago de Compostela

Espazo de residencia artística: Fundación SGAE Compostela

Produce: Matarile coa colaboración de Àrtika

Coproduce: Agadic

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Premios María Casares 2022

Un total de 36 espectáculos optan aos Premios María Casares 2023

A contenda do río Miño

O CDG reestrea ‘A contenda do río Miño’