in ,

Matarile estrea en Galicia ‘INLOCA’

Ensaio INLOCA |

A compañía galega Matarile, dirixida por Ana Vallés, presenta hoxe, 17 de xullo, INLOCA no Auditorio de Galicia de Santiago, ás 20.30 horas. Trátase da estrea en Galicia da peza e é por agora a única función prevista na comunidade.

É un espectáculo de gran formato, con oito intérpretes en escena, creado en coprodución co Centro Dramático Nacional e coa colaboración da Agadic,  estreado o 21 de xaneiro de 2022 no Teatro María Guerrero de Madrid, onde estivo en cartel ata o 6 de febreiro. Constitúe a segunda parte da Trilogía de la Fragilidad, despois do dúo El diablo en la playa, a primeira parte, que foi estreada en 2020 e vén de presentarse na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, MITCFC. A terceira entrega está prevista para 2023 baixo o título de FRÁXIL handle with care, en coprodución co Teatro Español de Madrid.

Paralelamente a esta triloxía, Matarile prepara unha nova creación, PROYECTO WOODMAN, dirixida por Baltasar Patiño, coa estrea prevista a finais de 2022.

Trilogía de la Fragilidad

Desta triloxía di Vallés: “Esta triloxía pretende ser unha homenaxe á fraxilidade, un dos temas cos que sempre reflexionei nos meus espectáculos e que foi impregnando pouco a pouco todos os demais nestes últimos anos. A consciencia da fraxilidade do ser humano, pero tamén: a transformación constante, a impermanencia, as ideas e conceptos, a beleza, todo o que vive, todo o que foxe”.

INLOCA

INLOCA é unha paisaxe, unha metáfora deses lugares aos que fantaseamos con chegar e aos que poñemos, anticipadamente, uns límites”, tal como a define a súa creadora e directora Ana Vallés, fundadora tamén da compañía Matarile, coa que desenvolveu unha linguaxe escénica híbrida onde a performance se mestura coa danza, a plástica ou a palabra.

Nesa fusión de linguaxes móvese a nova proposta, xurdida en 2019 a partir da invitación por parte de Alfredo Sanzol (director do CDN) para realizar unha creación no María Guerrero. Vallés explica que a idea que está no xerme de INLOCA é a necesidade que teñen os humanos de “entrar en lugares descoñecidos”. Vén de “In loca, libremente do latín: lugares onde. E todo xunto, inloca: non tola”.

Trátase, di, dun adxectivo inventado “para negar a tolemia mentres a practicamos. (…) A decisión de entrar en lugares, de franquear unha porta, de rachar o paraugas que nos protexe do caos. A tentación insatisfeita, o desexo perpetuo. Non existen os límites, non se chega a ningún lugar ou estado. Entramos, pero non chegamos”,

Algúns dos temas que se abordan na peza son:

“O diablo na praia. Lucifer, o portador da luz. O anxo máis belo do ceo, que pola súa vaidade e orgullo, por desafiar o poder de Deus, é condenado e convértese en Satanás. O anxo caído.

O paraugas de Deleuze. A loita contra o caos. Ante o que a ciencia e a filosofía crean un paraugas protector, mentres que a arte abre gretas, fisuras polas que se filtra o caos.

A habitación de Tarkovski. A luz como espazo, creadora de atmosferas, temperaturas, aparicións ou distancia. A luz para habitar ou difuminar. As relacións fantasmales.

O ventre da vella. A capacidade de crear. Desde un ventre, desde unha cabeza, desde unha sensibilidade, dos que non se espera nada novo. Un lugar desde o que é posible exporse preguntas e, quizais, tentear algunha resposta. O gran agasallo, unha epifanía.

O traslado do cadáver. Onde levalo, que espazo atopar para as nosas ruínas, as ruínas da vella Europa que, como di Agamben en “Cuando la casa se quema”, puxémoslles tantos parches e démoslles tantas capas de pintura, que parecen intactas.

A forma do cerebro. A partir de Europa ten a forma do meu cerebro, de Cartarescu. O pensar compartido. Pero tamén unha sensación xeneralizada de acabamento, de final dunha  civilización (o último dos axiomas de Steiner para definir A idea de Europa)”.

E canto á iluminación e ao espazo escénico, seguindo o selo de calidade habitual da compañía, volve ser primordial na peza a iluminación deseñada por Baltasar Patiño, que nesta ocasión a comparte con Miguel Muñoz. Unha iluminación concibida como atmosfera, xeradora dun ‘espazo elocuente’ e que foi motivo de numerosos premios ao longo da súa carreira.

E, no referente ao elenco, nesta ocasión, Ana Vallés contou cun elenco formado en parte por artistas habituais da compañía (Claudia Faci, Celeste González, Ricardo Santana, Nuria Sotelo, Ana Cotoré, Antón Coucheiro), e dúas novas incorporacións (Alfredo Rodríguez e Alfredo Pérez). O elenco completouse nunha audición realizada no CDN en 2021 (Just for men) na que se presentaron máis de 150 candidatos.

Ficha artística

Dirección e texto:

Ana Vallés

Reparto:

Ana Cotoré

Antón Coucheiro

Claudia Faci

Celeste González

Alfredo Pérez

Alfredo Rodríguez

Ricardo Santana

Nuria Sotelo

Espazo, vídeo e produción de son:

Baltasar Patiño

 Iluminación:

Baltasar Patiño

Miguel Muñoz

Axudante de dirección:

Ana Contreras

Outros textos:

Mircea Cartarescu. Fragmentos de Europa tiene la forma de mi cerebro. Tradución de Marian Ochoa de Eribe. Editorial IMPEDIMENTA.

Franco “Bifo” Berardi. Fragmentos de Fenomenología del fin. Tradución de Alejandra López Gabrielidis. Editorial CAJA NEGRA.

 Enrique Gavilán

Ana Contreras

Vicente Colomar

Ana Cotoré

Antón Coucheiro

Claudia Faci


Publicidade

Celeste González

Alfredo Rodríguez

Nuria Sotelo

Coreografía:

Intérpretes

Ana Vallés

Asistente de espazo, vestiario e obxectos: Lara Contreras

Asistente de coreografía: Paloma Díaz

Vestiario:

LA CANALLA

MATARILE

Vídeo-difusión e documentación: Edición Rusa

 Fotografía Matarile: Rubén Vilanova

Deseño de cartel: Equipo SOPA

Citas e referencias:

Andrei Tarkovski

Valère Novarina

Juan Muñoz

Giorgio Agamben

Gilles Deleuze

Walter Benjamin

Louise Bourgeois

Kazuo Ohno

Daniel Goleman / Richard Davisond

Patti Smith

Jo Sol

Leopoldo María Panero

George Steiner

Jiddu Krishnamurti

Stefan Zweig

Colaboradores:

Enrique Gavilán

Javier Méndez Oro

Loxística técnica en Compostela: RTA + MATARILE

Produción e Coordinación Matarile: Juancho Gianzo

Axudante de produción: Tati García

Distribución nacional:

Juancho Gianzo

Coprodución:

Centro Dramático Nacional

MATARILE

Coa colaboración da Agadic

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Imaxe artigo 26 |

Sobre o peche da Librería Hobbit

Xacarandaina

Xacarandaina estrea ‘Endaterra’ con máis de 80 artistas, teatro e baile tradicional