Diablo en la playa | Matarile

El diablo en la playa

Con El diablo en la playa, Matarile segue a coñecida liña de creación de Ana Vallés, fundindo persoas con personaxes, luces e vibracións sonoras, nunha atmosfera (firmada co selo indiscutible de Baltasar Patiño) que por momentos parece sacada dun soño, deixando imaxes marcadas na retina. Dalgún xeito, esta peza continúa o camiño de investigación trazado pola súa peza anterior, Daimon y la jodida lógica, mais, se na anterior atopabámonos co demo que cada un de nós leva dentro, nesta podemos observar o propio e mesmo inferno.

Diablo en la playa | Matarile

Matarile presenta ‘El diablo en la playa’ na sala Ártika de Vigo

Trala gran acollida de DAIMON y la jodida lógica nun ano marcado pola pandemia, a compañía de Ana Vallés e  Baltasar Patiño trae a Vigo a súa creación número trinta, El diablo en la playa. A sala Ártika acolle no seu espazo da Avenida Beiramar o novo espectáculo de Matarile Teatro os días 11, 12 y 13 de decembro. Unha peza que foi estreada o pasado outubro no Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO.

Consagrados e contemporáneos no Ciclo Principal do Teatro Rosalía de Castro da Coruña

O concelleiro José Manuel Sande e o director do Rosalía de Castro, Paulo Rodríguez, presentaron onte as propostas da nova tempada, que comezará o 18 de xaneiro.   O equilibrio entre adaptacións de obras consagradas e de creación contemporánea define a nova programación do Ciclo Principal do Teatro Rosalía, que se desenvolverá entre o 18 […]

O rei morre

Viva o rei | Roi Vidal Ponte |     A linguaxe contemporánea ten dúas tipoloxías de frases nas que o teatro é o elemento metafórico. Dunha banda, está a filosofía calderoniana na que a vida é soño e o mundo un grande teatro. É a ideoloxía das obras de Shakespeare na que a teatralidade […]

El cuello de la jirafa

Físgoas de baleiro. (A elegancia da mirada). Roi Vidal Ponte   Hai cousas que existen e non se ven. Como o tempo. Como a impermanencia do presente. Ou como todo o que se agocha entre as fendas que unen e separan. Matarile é unha desas cousas. Raras. Polémicas. Únicas. Imprescindibles. Matarile non se ve, experiméntase. […]

Homes bisagra

Teatro vibracional | Afonso Becerra de Becerreá |   Homes bisagra semella materializar as ideas do visionario Antonin Artaud que podemos ler en Le Théâtre et son double. A musculatura sonora, lumínica e corporal actúan nunha sinestesia non redundante, que foxe de calquera lugar común e que fornece efectos empáticos hipnóticos, dunha beleza perturbadora. O […]