A compañía de Ana Vallés e Baltasar Patiño libera 1077 imaxes e 630 documentos PDF das doce edicións nas que se desenvolveu o festival internacional de danza en Compostela, convertendo o sitio web nun dos arquivos en liña máis importantes das artes escénicas contemporáneas de Galicia. O desaparecido Festival Internacional En Pé de Pedra, organizado […]
Etiqueta: Juancho Gianzo
El diablo en la playa
Con El diablo en la playa, Matarile segue a coñecida liña de creación de Ana Vallés, fundindo persoas con personaxes, luces e vibracións sonoras, nunha atmosfera (firmada co selo indiscutible de Baltasar Patiño) que por momentos parece sacada dun soño, deixando imaxes marcadas na retina. Dalgún xeito, esta peza continúa o camiño de investigación trazado pola súa peza anterior, Daimon y la jodida lógica, mais, se na anterior atopabámonos co demo que cada un de nós leva dentro, nesta podemos observar o propio e mesmo inferno.
Matarile presenta ‘El diablo en la playa’ na sala Ártika de Vigo
Trala gran acollida de DAIMON y la jodida lógica nun ano marcado pola pandemia, a compañía de Ana Vallés e Baltasar Patiño trae a Vigo a súa creación número trinta, El diablo en la playa. A sala Ártika acolle no seu espazo da Avenida Beiramar o novo espectáculo de Matarile Teatro os días 11, 12 y 13 de decembro. Unha peza que foi estreada o pasado outubro no Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO.
No confín de… Juancho Gianzo
Juancho Gianzo é o produtor e distribuidor de Matarile Teatro. Forma parte da compañía desde 2017, cando coñeceu a Ana Vallés e Baltasar Patiño mentres traballaba no festival Escenas do Cambio. Actualmente traballa na preprodución de El diablo en la playa, a próxima montaxe do grupo, interpretada por Celeste e Claudia Faci. | Foto: Iván Nespereira […]