A compañía de Ana Vallés e Baltasar Patiño libera 1077 imaxes e 630 documentos PDF das doce edicións nas que se desenvolveu o festival internacional de danza en Compostela, convertendo o sitio web nun dos arquivos en liña máis importantes das artes escénicas contemporáneas de Galicia.
O desaparecido Festival Internacional En Pé de Pedra, organizado por Matarile Teatro e Teatro Galán (sede da compañía durante anos), estrea páxina web. A compañía fundada por Ana Vallés e Baltasar Patiño levaba tempo traballando na recompilación de imaxes, prensa, carteleira e abundante material audiovisual para configurar o arquivo desta experiencia de “danza para paseantes” que se desenvolveu durante máis de doce anos nas rúas de Compostela e que é considerada como o xerme da danza e o teatro contemporáneo en Galicia.
Imaxe de Matarile Teatro
Imaxe de Matarile Teatro
Polo Festival En Pé de Pedra pasaron 90 compañías de todo o mundo e apoiou a 21 novas coreógrafas e coreógrafos. As últimas edicións contaban con máis de 16000 persoas entre o público.
Provisional Danza (foto de Mónica Couso)
Hiroaky (foto de Mecki Bart)
Mal Pelo (foto de Angélica Soleiman)
Matarile Teatro abre esta web como material de estudo para profesionais e cun atractivo deseño visual para curiosas e curiosos das artes escénicas. O deseño do sitio e a recompilación de arquivos están feitos pola propia compañía.
Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.
Para ofrecer mellores experiencias, usamos cookies para gardar ou acceder á información do dispositivo. O teu consentimento permite procesar datos como a navegación. Non consentir pode afectar certas funcións do sitio.
Funcionais Sempre activo
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario para o lexítimo propósito de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou co único propósito de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento ou acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento ou acceso técnico é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade, ou para seguir ao usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.