Oficios do teatro

Salvador Forján: “Eu sei moito de teatro, os actores e directores tamén, pero non permito que ninguén asoballe a ningún compañeiro nin a min”

Oficios do teatro: Salvador Forján
Imaxe de Fran Peleteiro

Nesta nova etapa da erregueté | Revista Galega de Teatro recuperamos unha entrevista inédita, realizada en maio de 2017, a un dos profesionais da escena galega máis queridos e coñecido por todxs: Salvador Forján, encargado de maquinaria escénica da AGADIC e técnico residente do Salón Teatro. Con ela inauguramos unha nova sección da edición dixital da revista: Oficios do Teatro.

 

Esta entrevista, realizada cando Fefa Noia era a directora do Centro Dramático Galego, pretendía inaugurar unha sección audiovisual na erregueté dedicada aos oficios do teatro. Unha maneira de poñer en valor as profesións teatrais que normalmente non están tan visibles de cara ao público e que constitúen un importante patrimonio. Estas persoas, entre as que se poden atopar persoal de xastrería, de escenografía, de iluminación, de son, rexiduría, etc., atesouran un relevante coñecemento acumulado pola experiencia que transmiten no día a día do seu oficio. “Salva”, como o coñecemos todxs, explica por exemplo como se chama cada unha das varas dun teatro e a maneira de visualizalas dende o punto de vista técnico, ademais da nomenclatura de moitas partes do edificio teatral que seguramente moitas persoas descoñecen. En definitiva, unha riqueza patrimonial que ten a ben compartir con nós e que dende a erregueté | Revista Galega de Teatro queremos salientar.

Salvador Forján, dende a propia cabina de técnicos do Salón Teatro, conversa con Fran Peleteiro sobre como foron os seus comezos, en que consiste o seu traballo, que pasa detrás do telón dunha función teatral, que papel xogan xs tramoistas dentro do proceso creativo dunha montaxe, moitas anécdotas e opinións persoais sobre que debera ser unha compañía pública galega dende o contexto do ano 2017.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Erregueté #101 á venda!
Relacionado

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos