
A contenda do río Miño
A peza sobrevoa pois a historia da comunidade Galiza-Norte de Portugal, dende o intre no que se estableceu o Miño como fronteira ata as tentativas frustradas de establecer un eixo atlántico vertebrado, lonxe dos intereses espanhois. Se, por unha banda, se fai fincapé na separación, nos elementos de diferenza (“a economía, estúpido”, afirmará un dos personaxes), tamén aparecen os que nos unen, como esas xentes que miran para os veciños da outra beira, como se dun espello se tratase. E inda por riba, están os peixes, peixes que falan e cantan e nadan sen saber de fronteiras, espantados polos pescadores dun e doutro lado por igual. A metáfora está servida.