in , ,

A 32ª edición do FETEGA en marcha: aberto o prazo de presentación de espectáculos

fetega |

O Festival do Teatro Galego ‘Celso Parada’ abriu a convocatoria de presentación de propostas para este 2021. A trixésimo segunda edición do festival terá lugar a segunda semana de setembro no Carballiño. 

 

Con máis de 100 espectáculos presentados o ano pasado, o Festival do Teatro Galego ‘Celso Parada’ quere continuar sendo un referente na programación teatral galega na súa edición de 2021. Para iso, abre convocatoria de selección de propostas que formarán parte do programa do 32º FETEGA o próximo mes de setembro. Así tamén, o Festival do Teatro Galego ‘Celso Parada’ continuará outorgando, no marco desta nova edición, os Premios ‘Dorotea Bárcena’ que, en palabras da organización, “son un reflexo do compromiso do FETEGA pola escolla dos mellores espectáculos posibles, dotándoos de rigorosidade, que se vén avalando pola traxectoria posterior dos espectáculos programados no festival”.

As obras presentadas ao Festival do Teatro Galego ‘Celso Parada’, das que se valorará especialmente que sexan estreas, deben desenvolverse en galego e estar producidas en Galicia. As propostas poderán enviarse desde o 29 de xaneiro ata o 12 de febreiro ás 20.00 h, a través do formulario electrónico de inscrición na páxina web do festival. Deberase describir a obra e achegar o material de valoración que se solicita.

Distínguense 6 categorías:


Publicidade

APARTADO 1: Teatro de Sala para público Adulto (Auditorio)
Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais para adultos.

APARTADO 2: Teatro de Exterior para público Familiar (Anfiteatro)
Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais de exterior para público familiar.

APARTADO 3: Teatro de Rúa para público Familiar
Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais e animación de rúa para público familiar.

APARTADO 4: Teatro de Sala para Nenos
Dirixida a compañías galegas con espectáculos teatrais de interior para público infantil e bebés.

APARTADO 5: Monólogos Cómicos
Dirixida a elencos e artistas galegos con espectáculos de humor.

APARTADO 6: Performances e Pequenos Formatos
Convocamos aos elencos e artistas galegos con espectáculos de performances e pequenos formatos, para desenvolver en interior ou exterior.

 

Máis información: www.fetega.gal 

Correo electrónico para consultas: [email protected]

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Xosé Manuel Pazos, Antón Lamapereira e Alba Cordeiro

Xosé Manuel Pazos Varela: mestre, político e amador do teatro

Oficios do teatro: Salvador Forján

Salvador Forján: “Eu sei moito de teatro, os actores e directores tamén, pero non permito que ninguén asoballe a ningún compañeiro nin a min”