in ,

Corpos, Xénero e Sexualidade programa a Celeste González este sábado na Coruña

'Ningún hombre me llevará a la cumbre' de Celeste González. Foto de Nerea Coll.
'Ningún hombre me llevará a la cumbre' de Celeste González. Foto de Nerea Coll.

A Rede Galega de Estudos Queer, espazo transdisciplinar que agrupa a diferentes activistas e investigadoras, entre as que se encontra a directora e dramaturga Gena Baamonde, organiza o I Congreso Internacional Corpos, Xénero e Sexualidade cunha atención especial aos escenarios LGTBIQ+

Este congreso celebrarase entre os días 11 e 13 de marzo de 2022 no Instituto Rosalía Mera da Coruña.


Publicidade

A artista Celeste González presentará o seu espectáctulo teatral Ningún hombre me llevará a la cumbre, como parte da programación do I Congreso Internacional Corpos, Xénero e Sexualidade, o sábado 12 de marzo, ás 20h30, no Centro Ágora da Coruña.

Ningún hombre me llevará a la cumbre é una peza en solitario de Celeste González, creada en 2019 e estreada no Teatro Circo de Murcia para o II Congreso Internacional de Artes e Diversidade, que ese ano versaba sobre Identidade, Tránsito, territorio e violencias.
Os conceptos identidade, tránsito, territorio e violencia forman o eixo central dun traballo que, como o feito de “transitar” o xénero, non ten un punto e final, para converterse nunha viaxe a ningunha parte, unha deriva construída a golpe de subxectividade.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ragazzo

Ragazzo

Atopemonos bailando |

Colectivo Glovo convoca as residencias artísticas e de investigación Atopémonos bailando