in

BE A CRASH DUMMY!

MENÚ DO DÍA foto2 |
Imaxe de Carlos Babío

Cando decidimos agruparnos Diego Chamizo, Alberte Bello e David Vila nun colectivo artístico e comezar a desenvolver proxectos comúns, non esperabamos cal sería o noso comezo. Foi tras a agresión a Alberte Bello, o pasado 31 de outubro de 2021, cando decidimos que a nosa primeira creación xirase en torno ás violencias cara ás persoas LGTBIQ+.

chamoume maricon de merda |
Fragmento da nova publicada en La Voz de Galicia con imaxe de Xoan Carlos Gil

O noso proceso creativo

Así xorde Menú-Do Día, unha peza que non consiste no vitimismo nin na recreación da violencia por si mesma, senón que recorre a imaxes, a modo de cadros escénicos, cunha violencia real en segundo plano, só cun corpo experimentando aquelas experiencias que o transitan e fan presente.

A nosa idea inicial era servir un corpo queer en escena, sen máis artificio, xa que estar presentes é ser existentes. Un corpo queer que naceu do obradoiro Salon des Réfusés que ofreceu Ana Esmith (Miss Beige) na edición de 2021 da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Un corpo que se converte nun crash-dummy, un boneco de proba-erro para medir a dureza das carrocerías dos coches pero a través de experiencias vitais, da violencia que predomina na nosa sociedade e das políticas ditadas polos partidos de ultradereita.

Publicidade

Explorando na dor propia para amosar a realidade do noso colectivo e da nosa identidade, investigamos en torno ás violencias e ao corpo: o corpo real (quen somos e que lugar ocupamos na nosa realidade), o corpo político (que significa estar presentes), o corpo recordo (que pegada deixa a violencia en nós) e o corpo trauma (o crash-dummy dos accidentes de tráfico).

Menú-Do Día non busca, por tanto, a recreación dunha realidade concreta, senón que amosa a nosa visión e as nosas experiencias sendo homes abertamente homosexuais, presentes e existentes no ámbito social. Experiencias reais narradas a través dun corpo calquera, dun lugar calquera e nunhas circunstancias calquera. Non é un manifesto nin é un acto reivindicativo senón unha performance de quen somos e do lugar que ocupamos no mundo.

A través de accións simples como a dilatación escénica, a repetición e a voces en off creamos unha atmosfera do que vivimos sen maior pretensión que entender que é aquilo que sucede no mundo. Que é o que sucedeu aquela noite do 31 de outubro? Cal é a realidade na que vivimos?

O colectivo

O Colectivo #ChamizoBelloVila non é máis que unha resposta aos tempos que vivimos. Un colectivo de tres artistas (Diego Chamizo, Alberte Bello e David Vila) de diferentes ámbitos que se unen para desenvolver proxectos xuntos no terreo da performance e as artes vivas.

A nosa primeira creación, Menú-Do Día,  puido verse na Fundación Luís Seoane, no marco do Festival de Teatro Mínimo Ambulante. Unha performance que relata as violencias actuais cara ás persoas LGTBIQ+ e que actualmente se atopa en formato workinprogress coa fin de ter unha estrea como espectáculo completo.

MENÚ DO DÍA foto5 |
Imaxe de Carlos Babío

Ficha técnica

Dirección: Diego Chamizo
Performer: Alberte Bello
Espazo Sonoro: David Vila e Diego Chamizo

Figurinos e vestiario: David Vila
Textos: Roy Galán, Alberte Bello e Diego Chamizo
Técnicos audiovisuais: David Vila e Diego Chamizo
Fotografías e vídeo: Carlos Babío
Produción e distribución: Colectivo #ChamizoBelloVila
Apoios: Fundación Luís Seoane, Acción Estudo e Concello da Coruña

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Diego Chamizo

Diego Chamizo

Diego Chamizo (Vigo, 1996). Director, dramaturgo e tradutor. Graduado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e Titulado Superior en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galiza. Fundador, xunto ás súas tres compañeiras, da compañía VAIEMBORA e colaborador no Colectivo #ChamizoBelloVila. Gañador do Certame Sumidoiros á Nova Creación do ano 2020 por Neurose ás 4:48.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Nohorizontes 1 David Rodas |

Nohorizontes

A Asociación de Autores de Iluminación (AAI)

Os iluminadores galegos súmanse á Asociación de Autores de Iluminación (AAI)