in

A compañía Pérez & Fernández estrea ‘Os nenos da varíola’ en Compostela

OsNenosDaVaríola
A compañía Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego estrea a adaptación á escena da novela de María Solar Os Nenos da Varíola, o vindeiro xoves 28, no Salón Teatro de Compostela, ás 20:30.

 

O 30 de novembro de 1803 a “Real Expedición Filantrópica da Vacina” parte dende o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.

Os nenos da varíola é unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filántropica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida convertíuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal.

PUBLICIDADE

As actrices Victoria Pérez e Isabel Risco e os actores Manu Fernández e Xose Leis interpretarán á ducia de personaxes que protagonizan esta historia: as monxas da Casa de Expósitos, os doutores Balmis e Posse Roybanes, os nenos protagonistas da ficción de María Solar, e a muller que finalmente fixo posible que esta Real Expedición Filantrópica se fixera realidade, Isabel Zendal.

 

Ficha

PUBLICIDADE

Dirección: , Victoria Pérez
Texto: adaptación da novela de María Solar
Elenco: Victoria Pérez, Isabel Risco, Manu Fernández e Xosé Leis
Espazo escénico: Montse Piñeiro, José Faro
Vestiario: Mar Fraga
Idade recomendada: + 8 anos

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    XXVIFestivalTeatroUniversitarioCompostela

    Comeza o XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario de Compostela

    Fetega2020

    Aberto o prazo para presentar obras e espectáculos candidatos aos premios FETEGA 2020