A peza En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic, da compañía da USC servirá mañá, luns 10 de febreiro, ás 21.00, de punto de partida para o XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario. O Salón Teatro será a sede deste ciclo que se estenderá ata o venres 14.
A obra A illa, da compañía lituana Teatras Studija Palėpė, ocupará a sesión do martes 11. O mércores será a quenda da Aula de Teatro da Universidade de Almería con Nana; e o xoves 13, a peza Doentum imaxinaribus correrá a cargo da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Teatrubi da Universidade da Beira Interior en Portugal pechará este certame, o venres 14, coa obra Cântico negro.
Todas as sesións desenvolveranse no Salón Teatro, a partir das 21:00. A entrada é de balde previo paso pola billeteira que se abrirá ao público a partir das 19:00.
- O Centro Ágora da Coruña acolle a I Mostra do Programa de Acompañamento á Creación Escénica (PACE) - 31/07/2026
- NOGA organiza a primeira edición das súas xornadas formativas de narración oral - 30/07/2026
- O Centro Coreográfico Galego coproducirá os novos espectáculos de Paula Quintas, VACAburra e SÖA - 28/07/2026



