A peza En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic, da compañía da USC servirá mañá, luns 10 de febreiro, ás 21.00, de punto de partida para o XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario. O Salón Teatro será a sede deste ciclo que se estenderá […]
Etiqueta: Teatro Universitario
A Miteu-Vigo remata co grupo costarriqueño Teatro Expressivo
A obra escrita polo premio Pulitzer Robert Schenkkan deixa unha reflexión sobre os problemas que se poden derivar dos discursos de odio cara os migrantes. A XXI edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario vive estes días a súa semana máis internacional. As derradeiras representacións da Miteu no campus de Vigo arrancaron este mércores […]
Dez compañías galegas na XX Mostra de Teatro Universitario de Galicia
Dez traballos procedentes das tres universidades galegas conforman o programa da vixésima Mostra de Teatro Universitario de Galicia que se desenvolverá no Teatro Principal e na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño. Entre os días 22 de abril e 16 de maio, sete compañías da USC, dúas da Universidade de Vigo e unha da Coruña […]
A MITEU Ourense comeza este 25 de abril
A programación desenvolverase do 25 de abril ao 11 de maio. A 24ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) xa ten datas. Do 25 de abril ao 11 de maio, diversos escenarios da cidade, entre eles o campus de Ourense, acollerán unha intensa programación de 28 espectáculos nos que non […]
Comeza a XXI Mostra de Teatro Universitario de Vigo
Seis compañías daranse cita a partir do vindeiro mércores 13 de marzo sobre as táboas do Teatro Vidal Bolaño do campus de Vigo na 21ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu. A Aula de teatro da USC será a encargada de erguer o pano desta edición da mostra coa representación de A muller […]
Premio de Honra Marisa Soto para as aulas de teatro universitario de Santiago e Ourense
A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concédelles ex aequo á Aula de Teatro da Universidade de Santiago e á Aula de Teatro Universitaria de Ourense o Premio de Honra Marisa Soto, que será entregado durante a gala dos Premios de Teatro María Casares, que nesta vixésima terceira edición terá […]
Comeza o XXV Festival Internacional de Teatro Universitario
Desenvolverase do martes 19 ao venres 22 con compañías galegas, de Italia e Lituania. O Festival Internacional de Teatro Universitario de Compostela alcanza este ano a súa vixésimo quinta edición cunha nova programación que se desenvolverá entre o martes 19 e o venres 22 coa participación de compañías galegas, de Italia e Lituania. Organizado […]
A compañía de teatro USC-Lugo colleita éxitos con ‘WK’
A xira da compañía de teatro USC-Lugo coa súa última montaxe, WK, unha peza baseada en textos de Woyzek, obra inconclusa de Büchner, pero coa estética de Kantor, está a reportar múltiples recoñecementos para a formación universitaria que dirixe Paloma Lugilde. O último dos premios colleitados pola formación teatral do Campus Terra da USC chegou […]
XVI Encontro Universitario de Danza da USC en Compostela
O escenario do Teatro Principal acolle esta semana o traballo de cinco compañías universitarias de danza nas distintas funcións programadas no marco dun foro artístico pioneiro en Galicia e dos máis lonxevos do panorama español. Todas as funcións serán ás 20.30 horas con entrada libre e gratuíta, previo paso pola billeteira. A décimo sexta edición […]
XIX Mostra de Teatro Universitario de Galicia
O Teatro Principal e a Sala Roberto Vidal Bolaño acubillarán a partir da vindeira semana a 19ª Mostra de Teatro Universitario de Galicia, unha cita de entrada libre que porá sobre as táboas nove representacións e que organiza a Aula de Teatro da USC co apoio da Deputación da Coruña. A programación teatral comezará o […]
Nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense
Unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense comezará o próximo 12 de abril, cun programa que inclúe a participación de 28 grupos procedentes de sete países, 15 de aulas universitarias e o resto, profesionais. Liñas básicas desta edición do certame, que se desenvolverá ata o 28 de abril, serán o humor […]
XX Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo
Este mércores arranca no campus de Vigo a programación cultural de primavera 2018 coa Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, como prato forte, un clásico do calendario universitario que este ano cumpre vinte anos traendo á cidade exemplos do teatro feito nas aulas de ensino superior, tanto europeas como doutros continentes. A mostra traerá ao campus […]
XVI Encontro Universitario de Danza da USC
O XVI Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC presentará os días 23 e 24 de marzo no patio central do Vello Cárcere de Lugo as novas creacións propias producidas polas dúas compañías oficiais da USC en Lugo en Santiago, así como pola formación sénior Sen Vergoña, integrada por alumnado do IV Ciclo da USC, […]
XXIV Festival de Teatro Universitario de Lugo
O Festival de Teatro Universitario, iniciativa deseñada ao abeiro do convenio Lugo Cultural do que forman parte Deputación, Concello de Lugo e USC, botará a andar no Campus Terra a súa edición XXIV entre o 14 e o 21 de marzo, a través da cal Lugo converterase en foro de encontro para as diferentes compañías de Galicia. O […]
Comeza o XXIV Festival Internacional de Teatro Universitario de Compostela
Dúas compañías de Lituania e Italia e o Grupo de Teatro da Universidade de Granada xunto coa propia Aula de Teatro da USC conforman o cartel co que se presentará ao público a próxima semana a vixésimo cuarta edición do Festival Internacional de Teatro Universitario. As catro funcións programadas celebraranse do luns 19 ao xoves […]