in

Nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

MITEU |

Unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense comezará o próximo 12 de abril, cun programa que inclúe a participación de 28 grupos procedentes de sete países, 15 de aulas universitarias e o resto, profesionais.

Liñas básicas desta edición do certame, que se desenvolverá ata o 28 de abril, serán o humor –coas actuacións previstas de Leo Bassi e Yllana– o compromiso social –con representantes de grupos de Marrocos, Guinea Ecuatorial e Perú– e o achegamento a Portugal.

A Mostra arranca o 12 co actuación da Aula Universitaria de Ourense Rosaura, que representará o seu espectáculo Sen pés nin cabeza, nunha actuación de rúa. Seguirán obras como Os inocentes, de Producións Teatrais Excéntricas ou 666 de Yllana, xunto a representacións de grupos universitarios como Geppetto, a aula de teatro infantil, que presentará (Du)as viaxes de Gulliver, Cordelia, que levará A nosa cociña ao Teatro Principal ou a aula Maricastaña, que representará As ondas das pedras no río.

Publicidade

Ademais das funcións nos teatros, a MITEU organizará coloquios post-representación dos grupos chegados de Perú, Guinea Ecuatorial e Marrocos –no marco da aposta deste certame de dar espazo ás voces silenciadas– actuacións musicais, espectáculos circenses, animación de rúa e un curso de formación a cargo de Javier Valencia (Perú). A danza ocupará un papel destacado a través do 8º Encontro de Danza Interuniversitaria que se celebrará no marco da Miteu.

Na presentación da MITEU, Fernando Dacosta, membro de Sarabela Teatro e director da Mostra, lembrou a delicada situación pola que pasa o teatro universitario galego, logo de que desaparecesen as as aulas de teatro de Ferrol, A Coruña e Pontevedra.

 

MITEU18Programa |

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CDG AGADIC

O CDG abre a súa sede ao público para festexar o Día Mundial do Teatro

JAVIER MARTIN 15 recortada |

Javier Martín inicia o programa de Residencias Paraíso con “Método negro”