in

A Miteu-Vigo remata co grupo costarriqueño Teatro Expressivo

TeatroEspressivo |
A obra escrita polo premio Pulitzer Robert Schenkkan deixa unha reflexión sobre os problemas que se poden derivar dos discursos de odio cara os migrantes.

 

A XXI edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario vive estes días a súa semana máis internacional. As derradeiras representacións da Miteu no campus de Vigo arrancaron este mércores no Teatro Roberto Vidal Bolaño coa posta en escea de Papá está en la Atlántida, a cargo do grupo mexicano Los Pinches Chamacos. Trátase dunha peza baseada no texto orixinal de Javier Malpica que, na súa concepción, estaba destinado a un público infantil pero que, debido as súas temáticas, centradas na familia e nas consecuencias da migración, foise abrindo a un público máis xeral.

Baixo a dirección de Esteban Castellanos, a compañía mexicana achegou unha obra que percorre as aventuras de dous irmáns que, orfos de nai e cansos de non sentirse na súa casa, viaxan na procura do seu pai, que tivo que emigrar para poder ofrecer un futuro mellor aos seus fillos. A través desta viaxe, unha historia de orfandade, amor, loita e solidariedade, os espectadores que onte acudiron ao teatro da Cidade Universitaria puideron reflexionar sobre as consecuencias da migración nunha obra que os levou máis aló da Atlántida.

 

A Miteu baixa o pano ata o ano que vén


Publicidade

A XXI Miteu remata hoxe xoves coa posta en escena de La construcción del muro, unha peza a cargo da compañía costarriqueña Teatro Espressivo. Trátase dunha obra escrita polo premio Pulitzer Robert Schenkkan na que se deixa unha reflexión acerca dos problemas que se poden derivar dos discursos de odio cara os migrantes.

Robert Schenkkan (Carolina del Norte, 1953) adquiriu notoriedade internacional con La construcción del muro, estreada en 2017 un día antes de que o presidente de Estados Unidos, Donald Trump, ameazase con paralizar o goberno se o Congreso non lle despexaba o camiño para a construción dun muro contra os inmigrantes na fronteira con México. En poucos meses, a obra representouse en 60 cidades de Estados Unidos e en Canadá, México, Suíza, Austria e Teherán.

A cita será de novo ás 18:30 no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

TeatroBalugasPaoNosso |

O Carballiño acolle o Festival Transfronteirizo de Teatro Amador

CartelMit2019fr |

A MIT de Ribadavia presenta o cartel do 35º aniversario