in

Dez compañías galegas na XX Mostra de Teatro Universitario de Galicia

usc mostra de teatro universitario de galicia slide 18 abril 2019 r |

Dez traballos procedentes das tres universidades galegas conforman o programa da vixésima Mostra de Teatro Universitario de Galicia que se desenvolverá no Teatro Principal e na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño. Entre os días 22 de abril e 16 de maio, sete compañías da USC, dúas da Universidade de Vigo e unha da Coruña amosarán as súas montaxes escénicas dende as 21:00, con función dupla os días 14 e 16 de maio.

A entrada é de balde previo paso polo despacho de entradas, aberto dende as 18:00 no caso do Teatro Principal e dende as 20:30 na Sala Roberto Vidal Bolaño.

Balas sobre Broadway de Tolemia Teatro (USC) abrirá o programa o luns 22 no Teatro Principal, onde tamén terán lugar as funcións do martes 23, a cargo de Faisca Teatro (USC) que subirá a escena O que che contei mentres facías que durmías, e do mércores 24 da man de Artías Teatro (USC) e a obra Unha noite de escuras intencións.


Publicidade

O ciclo proseguirá na Sala Roberto Vidal Bolaño o luns 6 coa representación de Círculo, sobre a obra de Suso de Toro, a cargo da Aula de Teatro Universitaria de Vigo. O martes 7 Corifeo Teatro da Universidade da Coruña representará Animaliños, de Roberto Vidal Bolaño, a quen seguirá o mércores 8 Artías Teatro (USC) con Memoria de Helena e María, de Roberto Salgueiro.

A peza Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse, da Aula de Teatro Universitaria Maricastaña de Ourense, dará continuidade ao programa o luns 13 de maio no Teatro Principal, onde o martes 14 a Aula de Teatro da USC-Lugo escenifica Casa de ilusións, mentres que o mércores 15 será a quenda de LaBarata (USC) con Solo de triángulo en Re. 2º movemento, 3ª parte, Allegro (pero non tanto). Para pechar esta programación, Tra Tra Teatro (USC) subirá ás táboas Arte, de Yasmina Reza, novamente na Sala Roberto Vidal Bolaño.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

auditorium |

XI Semana do Teatro Amador de Tui

GenerationWhy |

Nova edición do Corufest, en maio