in ,

XI Semana do Teatro Amador de Tui

auditorium |

O Teatro Municipal de Tui acollerá do luns 22 ao sábado 27 de abril, coincidindo coas festas de San Telmo, a XI Semana do Teatro Amador, coa participación dos grupos de teatro tudenses. A presentación deste evento tivo lugar onte na casa do concello a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, xunto a representantes dos grupos de teatro participantes: Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove, Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui, Aloia da Asociación Aloia de Pazos de Reis, Chirlomirlo e Garabullada da Asociación Xuntanza de Randufe, e San Fins da Asociación San Fins de Rebordáns.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, felicitou aos grupos participantes polo seu traballo, congratulándose de que continúe a tradición do teatro amador no municipio. Ao tempo destacou a incorporación a esta programación da Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove e do grupo infantil Garabullada da asociación cultural Xuntanza de Randufe.

O concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, referiuse a esta proposta teatral coma “o evento cultural das festas que máis público atrae e que máis éxito tivo”. Engadiu que esta Semana pretende achegar ás instalacións do Teatro Municipal aos grupos de teatro amador que hai no municipio. Agradeceu aos distintos grupos a súa participación e estes dez anos de éxitos.

Publicidade

A XI Semana do Teatro Amador comezará o luns, 22 de abril, ás 19:00, coa estrea da Compañía Artistica Interdisciplinar do Espazo de Tui co obra con Futuro, amor e outras movidas. Na obra, segundo explicaron Alexia Castiñeira e Sara Paloma Saavedra prenden amosar os intereses dos adolescentes, empregando o teatro coma medio de expresión.

O grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui presentará o martes, 23 de abril, ás 21:00, Nin fe nin café , unha comedia “moi divertida”, en palabras de un dos actores. O mércores, 24 de abril, á mesma hora, será a quenda do grupo de teatro da asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis con Tres sombreiros altos, unha obra de Miguel Miura ambientada na década de 1950.

O xoves, 25 de abril, tamén ás 21:00, o grupo Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe presentará unha adaptación libre do Miles gloriosus de Plauto. Xa o venres, 26 de abril, a Asociación Cultural San Fins de Rebordáns porá en escena a obra Bar Manolo, un bar cunha situación peculiar a carón dun cemiterio. O grupo de teatro infantil Garabullada da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe pechará esta Semana de Teatro Amador o sábado, 27 de abril, ás 19:00 con O segredo de Daniel. A obra vai dirixida a público familiar e conta a historia dun neno que descobre un mundo sorprendente a través dun libro.

As entradas, sen numera,r poranse á venda media hora antes do comezo de cada función ao prezo de 1,5€. Unha vez iniciado o espectáculo non se poderá acceder ao patio de butacas.

 

PROGRAMA

Luns 22 ás 19:00
Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove de Tui. 90 minutos.

Martes 23 ás 21:00
Grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui con Nin fe nin café. 30 minutos.

Mércores 24 ás 21:00 
Grupo de teatro da asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis con Tres sombreiros altos. 60 minutos.

Publicidade

Xoves 25 ás 21:00 
Grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe con Miles gloriosus. 70 minutos.

Venres 26 ás 21:00 
Grupo de teatro da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns con Bar Manolo. 75 minutos.

Sábado 27 ás 19:00 
Grupo de teatro infantil Garabullada da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe con O segredo de Daniel. 40 minutos.

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AnosAbalaronNossoMundo |

Teatro Art’Imagem presenta no Porto unha obra sobre a Revolucion do 25 de abril

usc mostra de teatro universitario de galicia slide 18 abril 2019 r |

Dez compañías galegas na XX Mostra de Teatro Universitario de Galicia