in

XX Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo

Veciños

Este mércores arranca no campus de Vigo a programación cultural de primavera 2018 coa Mostra Internacional de , Miteu, como prato forte, un clásico do calendario universitario que este ano cumpre vinte anos traendo á cidade exemplos do teatro feito nas aulas de ensino superior, tanto europeas como doutros continentes. A mostra traerá ao campus a actuación de sete grupos: cinco galegos, un de Navarra e unha formación de Marrocos, que será a encargada de pór o toque máis internacional.

A XX edición da Miteu ábrese ás 18.30 horas no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria coa representación da obra Veciños a cargo da Escola Superior de Arte de Galicia. As actrices e actores da ESADg retratarán unha veciñanza onde se misturan os personaxes máis dispares enfrontados en problemas de parella, conflitos familiares, amorosos e diferentes visións da vida. Todos eles soben e baixan as escaleiras desta comunidade de veciños un tanto peculiar. A parte de textos da obra Cabaret Tráxico, Opera Pánica de Alejandro Jodorowsky, e textos de Confesiones antes del fin de la era humana de Alberto García Martín. Dirixida por María Crespo, o seu elenco está formado por Sonsoles Cordón, Yago Espasandín, Yolanda Lorenzo, Iván Márquez, Ainhoa Martínez, Raúl Pérez e Jennifer Vilar.

O programa da Miteu continuará o 4 de abril coa participación da Aula de Teatro Universitario de Ourense, , que representará a obra As ondas das pedras no río, o 4 de abril. Uns días máis tarde, o 10 de abril, tocaralle a de Santiago, con Pasar por Nida. O 16 de abril será a quenda da Compañía de teatro da USC-Lugo, con WK. O 18 de abril actuará o primeiro grupo de fóra de Galicia, a Aula de Teatro Universidad Pública de Navarra, que representará Superhéroes de barrio. Posteriormente, volverán as propostas galegas coa actuación dos anfitrións, a Aula de Teatro Universitaria do Campus de Vigo, que representará a peza Paraíso. Por último, pechará a Miteu, a proposta máis internacional, a que ofrecerá o ETM, de Marrocos, con El Itsmo.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    cartel inaugural teatro

    Unha quincena de artistas participan na Gala Inaugural do Festival Atlántica

    aldaolado

    Aldaolado lerán o Manifesto Galego do Teatro nos Premios María Casares