O Centro Dramático Galego ofrece cinco obradoiros sobre distintas disciplinas

O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá entre o 17 de xuño e o 12 de xullo cinco talleres formativos en distintas competencias e disciplinas aplicables á creación e á execución escénica. O programa pedagóxico, co que a compañía institucional rematará a actividade da temporada 2018-2019, está especialmente dirixido aos profesionais ou estudantes do ámbito teatral. […]