in ,

Anxo Manoel gaña o V Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas

Anxo Manoel
Imaxe de Prolight Foto Estudio

A súa peza Utopía foi a escollida polo público na quinta edición do torneo, no que tamén participaron as dramaturgas Fátima Delgado, Lorena Conde e Carlos Santiago.

O Torneo de Dramaturxia de Galicia consolídase, un ano máis, como unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a nosa escrita teatral, creando un nexo directo entre autoras/es e público. Este proxecto, que conta coa colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional da dramaturxia galega, e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, chegou na tarde do 6 de xullo de 2021 á súa quinta edición.

Esther F. Carrodeguas foi a mestra de cerimonias da gala desta quinta edición, celebrada na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas e presentou o artístico combate no que catro recoñecidas dramaturgas se bateron na procura do voto do público. Os participantes deste ano foron Carlos Santiago, co texto titulado Libertalia República Fráxil; Anxo Manoel, con Utopía; Fátima Delgado, con Meniña gaiteira; e Lorena Conde, co texto Bombona de osíxeno. A decisión final estivo, coma sempre, nas mans do público, que acordou que o gañador fose o dramaturgo Anxo Manoel coa súa peza Utopía, interpretada polas actrices Sonsoles Cordón e Pía Nicolletti.

Publicidade
Torneo Dramaturxia 2021 1 |
Imaxe de Prolight Foto Estudio

As pezas desta quinta edición do Torneo de Dramatuxia xa están publicadas na colección DiTeatro de Edicións Positivas, así como as dos anos anteriores.

DramaturGA

A Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGA, é a plataforma das autoras e autores dramáticos de Galicia. Naceu no ano 2015 coa intención de mellorar, defender e velar polas condicións laborais das profesionais do sector e visibilizar a dramaturxia galega.

Publicidade

Así mesmo, promove actividades de formación, edición de pezas teatrais e xera espazos de encontro e debate procurando, sempre, novas fórmulas que incentiven a posta en escena das dramaturxias galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Quixote de Pedras de Cartón

    ‘Quixote’, de Pedras de Cartón, gaña o Certame Barroco Infantil do Festival de Almagro

    Crónica dunha heterosexual insatisfeita

    Urutau publica a ‘Crónica dunha heterosexual insatisfeita’ de María Ángeles Iglesias