in

‘Quixote’, de Pedras de Cartón, gaña o Certame Barroco Infantil do Festival de Almagro

Quixote de Pedras de Cartón
Quixote de Pedras de Cartón. Foto: Corsino

O xurado destacou a creatividade da obra, “o enxeño da mímica para sacar un sorriso” e “a maestría e o oficio dos actores para conectar co público baixo a acertada batuta da directora de escena”.

O espectáculo Quixote, da compañía coruñesa  Pedras de Cartón, gañou por unanimidade o X Certame Internacional Barroco Infantil na presente edición do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro, un dos festivais de teatro clásico máis importantes do Estado.

Juan Rodríguez e Pablo Sánchez metéronse na pel de Quixote e Sancho para interpretar o texto de Cervantes en clave de clown e sen palabras, baixo a dirección de Laura Sarasola.

Pedras de Cartón

Pedras de Cartón nace coa intención de crear espectáculos que poidan chegar ao maior número de públicos posible.

Con Lázaro de Tormes, a súa primeira peza, xa recibiran a Mención Especial do Xurado na pasada edición do Festival de Almagro. Nesa ocasión abordaron o clásico picaresco pero contado e representado, por primeira vez, sen palabras. Agora utilizan o clown para achegar o Quixote ao público familiar.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Maricón

Maricón. No 21 do XXI e no 101

Anxo Manoel

Anxo Manoel gaña o V Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas