in ,

Urutau publica a ‘Crónica dunha heterosexual insatisfeita’ de María Ángeles Iglesias

Crónica dunha heterosexual insatisfeita
Imaxe de María Ángeles Iglesias

Un ano despois da súa estrea, Crónica dunha heterosexual insatisfeita chega en formato libro grazas á edición en galego e castelán arxentino que acaba de presentar a Editora Urutau.

Crónica dunha heterosexual insatisfeita, creación de María Ángeles Iglesias coproducida por Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego, reabriu o Salón Teatro de Compostela despois do peche por mor da crise sanitaria da Covid-19 o pasado 4 de xullo 2020. Agora, esas palabras que foron escritas para ser corpo e voz en escena, publícanse nun libro grazas á Editora Urutau.

O texto inclúe as ilustracións de Raquel Germade, Xoana Almar, Alejandra Lorenzo, Rebe Cierto e Cristina Cao. Cinco ilustradoras que dende o principio aportan a súa arte para dar novos significados ao arquetipo da superheroina.

Tamén a música está presente nesta edición grazas a un código QR que permite escoitar as composicións que Tato López fixo para a peza. A capa baséase no cartel da peza deseñado pola dramaturga e directora Lorena Conde.

Esta edición bilingüe de Crónica dunha heterosexual insatisfeita recolle o traballo orixinal, feito en galego, e traducido á lingua materna da creadora: o castelán de Arxentina con todos os seus matices.


Publicidade

Crónica dunha heterosexual insatisfeita

Unha muller normal, desas que saben que non aparecerán xamais en ningún libro de historia, descobre case por accidente que se está a facer vella, e que se non muda algunha cousa vai morrer conxelada. Decide entón, concretar unha das súas fantasías e convidarnos para que sexamos testemuñas do seu gran momento. Esta será, en principio, a reconstrución dunha viaxe cara ao seu interior, na que recoñecer cales son os seus desexos e as súas motivacións nunha etapa de balances vitais; pero logo verémola transformarse, como unha eiruga que despois dun tempo no seu casulo renace bolboreta e se bota a voar, espléndida, por primeira vez.

 

Accede á compra do libro nesta ligazón

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Anxo Manoel

Anxo Manoel gaña o V Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas

FEGATEA

FEGATEA celebra o Premio da Cultura Galega cunha xornada de teatro no Gaiás