in ,

FEGATEA celebra o Premio da Cultura Galega cunha xornada de teatro no Gaiás

FEGATEA
Imaxe do Facebook da FEGATEA

A cita será ao longo deste sábado 10 de xullo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela cunha representación de todos os grupos que integran a federación de teatro afeccionado. 

A Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) celebra este sábado 10 de xullo un acto coa maior representación dos seus grupos federados. No Xardín Literario e no Xardín do Teatro da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, FEGATEA celebrará o seu Premio da Cultura Galega 2020 na modalidade de Artes Escénicas, concedido o pasado mes de abril.

O evento, organizado co apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación da Cidade da Cultura-Gaiás, ten aforo limitado e só estará aberto a representantes acreditados da FEGATEA.

Nesta xornada de teatro afeccionado haberá actuacións desde as 10.30 horas da mañá ata as 20.00 horas do sábado. Máis dun centenar de representantes dos grupos de teatro pertencentes á FEGATEA poderán asistir a 15 espectáculos de  microteatro de todos os estilos e xéneros (familiar, infantil, comedia, drama, traxedia…), así como as lecturas dramatizadas dos dous últimos Premios PLATTA de Teatro Breve, que xa foron presentadas no pasado Festival PLATTA. Entre as compañías e grupos participantes nesta xornada atópanse os lucenses de Hipócrita Teatro, o grupo vigués Lohengrin Teatro, Achádego ou os composteláns de Cavort, entre moitos outros.


Publicidade

Nun acto central ao mediodía, os asistentes recibirán un agasallo en conmemoración polo Premio da Cultura Galega 2020 que lle foi outorgado o ano pasado á FEGATEA polo seu labor nestes 20 anos de traballo e esforzo no eido do teatro amador en Galicia.

Programa FEGATEA |
Programa xornadas FEGATEA no Gaiás

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Crónica dunha heterosexual insatisfeita

Urutau publica a ‘Crónica dunha heterosexual insatisfeita’ de María Ángeles Iglesias

Colección DiTeatro

A Colección DiTeatro de Positivas suma tres novos títulos